Universidade de Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Murcia
Universitas Studiorum Murciana b-w.png
Murcia University.jpg
Facultade de Letras
Localización: Murcia
Reitor: José Antonio Cobacho Gómez
Estudantes: 38.137
Enderezo: Avda. Teniente Flomesta, nº 5,
30003 Murcia Murcia
Páxina web: http://www.um.es/

A Universidade de Murcia (UM) é unha universidade pública española, situada na Rexión de Murcia (España). Os seus centros atópanse distribuídos en cinco campus. Foi fundada en 1915. Ten aproximadamente 38.000 alumnos.

Campus[editar | editar a fonte]

  • Campus de La Merced. É historicamente o primeiro campus, situado no centro da cidade de Murcia.
  • Campus de Espinardo. É o campus máis grande, situado ao norte do municipio de Murcia, cerca do barrio murciano de Espinardo, en territorio das pedanías de El Puntal e Guadalupe.
  • Campus de Ciencias da Saúde. Situado xunto ao Hospital Universitario Virxe da Arrixaca, na pedanía murciana de El Palmar.
  • Campus de Ciencias do Deporte. Situado no municipio de San Javier, a beiras do Mar Menor.
  • Campus de Lorca. Situado no municipio de Lorca.

Centros[editar | editar a fonte]

A Universidade de Murcia está conformada por facultades e escolas universitarias, tendo carácter propio as facultades e adscrito as escolas universitarias.

Facultades[editar | editar a fonte]

  • Facultade de Belas Artes
  • Facultade de Bioloxía
  • Facultade de Ciencias do Deporte
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Ciencias Sociosanitarias
  • Facultade de Comunicación e Documentación
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Economía e Empresa
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Enfermería
  • Facultade de Filosofía
  • Facultade de Informática
  • Facultade de Letras
  • Facultade de Matemáticas
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Óptica e Optometría
  • Facultade de Psicoloxía
  • Facultade de Química
  • Facultade de Traballo Social
  • Facultade de Veterinaria

Escolas universitarias[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Turismo de Murcia (centro adscrito)
  • Escola Universitaria de Enfermería de Cartagena (centro adscrito)
  • Instituto Superior de Ensinos ISEN Formación Universitaria (centro adscrito)
  • Escola Universitaria de Osteopatía (centro adscrito)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Murcia