RMS Carpathia
| RMS Carpathia | |
|---|---|
| Historial | |
| Estaleiro | Swam Hunter & Wigham Richardson, Newcastle upon Tyne, |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | Cunard Line |
| Posta en grella | 10 de setembro de 1901 |
| Botado | 6 de agosto de 1902 |
| Viaxe inaugural | 5 de maio de 1903 |
| Baixa | 17 de xullo de 1918 afundido |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 13555 toneladas |
| Eslora | 163 metros |
| Manga | 19,7 metros |
| Velocidade | Máxima: 17,5 nós |
| Capacidade | 2550 pasaxeiros |
O RMS Carpathia (Royal Mail Steamship Carpathia) foi un barco de pasaxeiros pertencenta a Cunard Line construído por Swam Hunter & Wigham Richardson entre 1901 e 1902. O Carpathia realizou a súa primeira viaxe en 1903 e fíxose famoso en 1912 por ser o primeiro barco en rescatar supervivintes do RMS Titanic. O Carpathia afundíu no océano Atlántico o 17 de xullo de 1918 durante a Primeira Guerra Mundial tras ser atacado por un submarino alemán.
Índice |
Historia [editar]
Intervención na traxedia do Titanic [editar]
O Carpathia zarpara desde Nova York ao mando do capitán Rostron cando na súa sá de telégrafo recibíuse unha chamada de auxilio (CQD) do RMS Titanic, sobre as 0.25 horas do 15 de abril de 1912. Rostron, que estaba a unhas 58 millas ao sur da posición na que se atopaba o Titanic, oredou que o Carpathia se dirixira cara a posición do buque accidentado a toda velocidade para así poder chegar a tempo.
O Carpathia chegou duas hosras despois do afundimento, que tivera lugar as 2.20 da mañá, e case ao lugar exacto. Rescataronse 705 naúfragos. Tras o rescate, o Carpathia puxo rumbo a cidade de Nova York para deixar alí as persoas rescatadas do xélido océano Atlántico.
O afundimento do Carpathia [editar]
O Carpathia foi utilizado para o transporte das tropas americanas cara Europa durante a Primeira Guerra Mundial. Formaba parte dun convoy cando foi torpedeado o 17 de xullo de 1918 preto das costas de Irlanda por un submanino alemán. As explosións mataron a cinco tripulantes.[1]Sobreviviron 57 pasaxeiros e a tripulación restante, os cales foron rescatados polo HMS Snowdrop o día seguinte.[2]. Logo disto afundíu.
Notas [editar]
- ↑ R.M.S. Carpathia" A detailed description of the ship; accessed 26 August 2007
- ↑ Carpathia dive plan
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Carpathia: Passengers and Crew
- Biography of Captain Rostron
- Carpathia (1903 - 1918 ; 13,555 tons)
- Maritimequest RMS Carpathia Photo Gallery
- RMS Carpathia at sorbie.net
- Carpathia 1907 photos by Marjorie Champlin Bowen
- BBC News video describing a diving exploration of the ship
- Carpathia data at MaritimeQuest
- Carpathia dive plan