RMS Olympic
| RMS Olympic | |
|---|---|
| Historial | |
| Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, |
| Clase | Olympic |
| Tipo | Transatlántico |
| Operador | |
| Porto de rexistro | Liverpool |
| Posta en grella | 16 de decembro de 1908 |
| Botado | 20 de outubro de 1910 |
| Viaxe inaugural | 14 de xuño de 1911 |
| Baixa | Marzo de 1935 despezado |
| Características xerais | |
| Velocidade | Máxima: 23,5 nós |
| Capacidade | 2435 pasaxeiros |
O RMS Olympic foi o primeiro transatlántico da clase Olympic deseñado por Thomas Andrews e construído polos estaleiros Harland and Wolff de Belfast para a White Star Line. Foi o barco irmán dos afundidos Titanic e Britannic, que ao contrario que estes, serviu durante moito tempo (desde 1911 ata 1935) e por iso foi coñecido como "Old Reliable" (Vello confiable).
Os tres barcos da clase Olympic orixinalmente se ían chamar Olympic, Titanic e Gigantic, en honor ás razas da mitoloxía grega: os deuses olímpicos, os Titáns, e os Xigantes. O Gigantic foi renomeado despois como Britannic no último intre, para previr desgracias parecidas á do Titanic.
Índice |
Historia [editar]
Comezos [editar]
A quilla foi posta no estaleiro Harland and Wolff o 16 de decembro de 1908, e foi botado ao mar o 20 de outubro de 1910 mentres o seu xemelgo, o Titanic, estaba nun avance dun 30%. O Olympic foi o primeiro da clase Olympic en completarse, e foi comisionado en maio de 1911. Con 30 metros máis de eslora que os seus libares máis próximos, o Lusitania e o Mauretania da Cunard Line, o Olympic ostentou o título de barco máis grande do mundo na súa época. Realizou a súa viaxe inaugural o 14 de xuño de 1911, e nesta viaxe consumiu 650 toneladas de carbón cada 24 horas cunha media de velocidade de 21,7 nós, comparado ás 1000 toneladas de carbón cada 24 horas que consumían o Lusitania e o Mauretania. O seu primeiro capitán foi Edward John Smith, quen o comandou desde xuño de 1911 ata o 30 de marzo de 1912, para tomar logo o seu último mando no Titanic nas súas probas de mar e na viaxe inaugural. O Olympic e o Titanic anunciaban a era dos súper transatlánticos. O Olympic era case tan luxoso coma o seu irmán o Titanic, desprazaba 1004 toneladas menos que este e era máis sobrio, ademais, a cuberta de paseo A era completamente aberta, a diferencia da cuberta A do Titanic que era pechada nun 50% (un arranxo de último momento polo seu construtor Thomas Andrews, quen desexaba que os pasaxeiros puideran desfrutar dunha cuberta de paseo protexida das frías tormentas do Atlántico norte).
O 20 de setembro de 1911, o Olympic tivo un incidente cun buque de guerra, o HMS Hawke, que acercóuselle demasiado (atraído pola turbulencia xerada polo Olympic) e golpeou o seu casco abrindo un gran burato nos camarotes de terceira clase polo lado de estribor, motivo polo que tivo que volver a Belfast para ser arranxado.
En xaneiro de 1912 perdeu unha pa dunha hélice e tivo que regresar a Belfast, aos estaleiros Harland and Wolff para a súa reparación. Este inconveniente fixo atrasar a entrada en servizo do Titanic, xa que se tivo que retirar o Titanic do dique seco para reparar o Olympic. A reparación durou preto dun mes, tempo no que se atrasou a terminación e entrada en servizo do Titanic.
Desastre do Titanic [editar]
O 14 de abril de 1912, o Olympic, baixo o mando de Herbert Haddock, recibiu os sinais de socorro do seu irmán o Titanic, pero estaba a 500 millas de distancia polo que non puido prestar axuda.
Logo da traxedia do Titanic, o Olympic tivo que ocuparse da tarefa de recoller os botes salvavidas do Titanic, que foran recuperados polo RMS Carpathia e deixados en Nova York. Estes botes foron, unha vez que se lles quitou o nome Titanic; empregados para aumentar a capacidade de salvamento do Olympic.
Primeira Guerra Mundial [editar]
Ó comezo da Primeira Guerra Mundial foi confiscado pola Royal Navy, o seu nome cambiouse a HMT (His Majesty's Transport) Olympic, foi pintado de camuflaxe antisubmarino e serviu coma transporte de tropas. O Olympic xuntouse co seu irmán mais novo, o HMHS Britannic, que servía como barco hospital no mar Mediterráneo para transporte de tropas e feridos. Logo comenzou a transportar tropas canadenses e a finais de 1916 xa completara as 10 viaxes entre Canadá e Europa. Máis tarde faría o traxecto Estados Unidos - Europa ca mesma finalidade.
En outubro de 1914, rescatou aos tripulantes do HMS Audacious, un barco de guerra británico afundido a causa do choque cunha mina.
O 12 de maio de 1918, afundiu o submarino alemán SM U-103, que lle atacara lanzándolle un torpedo que fallou, ao comprobar isto emerxeu coa idea de atacar o buque a canón, pero o capitán do Olympic, Bertram Fox Hayes, constituíu manobrar, arremeteu e afundiu o submarino. Rematada a guerra en novembro de 1918, máis tarde regresou a Belfast en agosto de 1919 para a súa restauración, e volveu ao servizo de liña.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- http://www.titanic-model.com
- http://www.atlanticliners.com/olympic_home.htm
- http://members.aol.com/WakkoW5/olympic.html
- http://www.encyclopedia-titanica.org/ship/101/
- http://www.titanic-titanic.com/olympic.shtml
|
|||||||||||||