RMS Mauretania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RMS Mauretania
RMS Mauretania.jpg
Historial Government Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Swan Hunter & Wigham Richardson, Wallsend Reino Unido Reino Unido
Tipo transatlántico
Operador Cunard Line
Porto de rexistro Liverpool Reino Unido Reino Unido
Posta en grella 1904
Botado 20 de setembro de 1906
Viaxe inaugural 16 de novembro de 1907
Baixa 1934
Características xerais
Desprazamento 31,938 de tonelaxe
Eslora 240,8 m
Manga 26,8 m
Propulsión Dúas hélices laterais de 3 pás e unha central de catro
Potencia 68.000 cabalos ao eixo, máis tarde aumentada a 90.000 cabalos ao eixo.
Velocidade 25 nós (46 km/h)
Tripulación 802
Capacidade 2165 pasaxeiros en total:

1ª clase: 563 2ª clase: 464 3ª clase: 1138

O RMS Mauretania (tamén coñecido como “Maury”), foi un transatlántico británico da Cunard Line que operou entre 1907 e 1935 na ruta atlántica entre Southampton e Nova York amarrando no famoso peirao 54, terminal da Cunard Line.

Historia[editar | editar a fonte]

RMS Mauretania camuflado no modo Dazzle.
O Mauretania como buque hospital (HMHS Mauretania).

O RMS Mauretania foi construído polos estaleiros Swan Hunter & Wigham Richardson en Wallsend, Tyne y Wear.

Foi botado en setembro de 1906, xemelgo do RMS Lusitania. Diferenciábase destoutro no deseño dos seus ventiladores e no castelo de proa (que era máis longo superando en case un metro a eslora do Lusitania), entre outros detalles.

Navegou por primeira vez o 16 de novembro de 1907. Naquel momento, xunto co Lusitania, eran os barcos de pasaxeiros máis grandes, luxosos e rápidos do mundo. O seu deseño marcou tendencias e serviu máis tarde para inspirar os enxeñeiros navais en superalo nos seus proxectos para navieiras competidoras. O seu sistema de propulsión, a turbina de vapor, foi un invento revolucionario posto en funcionamento na tecnoloxía dos transatlánticos.

O Mauretania converteuse no favorito dos pasaxeiros a causa do seu luxo, velocidade e seguridade que o navío proporcionaba.

Durante a Primeira Guerra Mundial foi requisado polo almirantado británico e serviu como transporte militar e buque hospital.

Gañou a prezada Banda Azul en 1920 no sentido Oeste; séndolle arrebatada polo SS Bremen en 1929.

A comezos dos anos 1930, provocado pola chamada Gran Depresión do 1930, os seus servizos decaeron proporcionalmente co seu envellecemento, sendo destinado a aguas mediterráneas, ocasionalmente foi pintado de cor branca.

Foi retirado en 1934 e despezado en 1935, tras case 27 anos de servizo. A súa prolongada traxectoria marcou un fito na historia dos navíos de liña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RMS Mauretania

Outros Artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]