Ría de Foz - Masma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′54″N 7°15′37″O / 43.548300, -7.260400

Ría de Foz - Masma
Ría de Foz desde Mañente.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, e unha parte ZEPA
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 643,21 ha. (57 % de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo.
Ríos: río Masma
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Ría de Foz - Masma é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe ao río Masma desde o seu comezo, na serra do Xistral, ata a súa chegada ao Cantábrico, a ría de Foz. Esta área de conservación ocupa 643,21 ha. dos concellos das mariñas lucenses central e oriental: Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo. A súa área da ría é tamén unha zona de especial protección para aves (ZEPA Ría de Foz).[1][2][3][4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Os hábitats de interese que máis abundan neste espazo son das zonas mariñas e costeiras. Na boca da ría destacan as amplas áreas con Spartina maritimus, en zonas de sedimentación, Juncus maritimus e Halimione portulacoides. Xa no esteiro destacan os carrizais de Phragmites australis e a presenza de Cochelaria aestuarica, un endemismo.[5] Por outra banda, neste espazo existen queirogais costeiros de Erica vagans e turbeiras en solos calcáreos de Cladium mariscus e Caricion davallianae. Así mesmo, existen mananciais de interese de conservación.[4][5]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]

Especie
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis

Fauna[editar | editar a fonte]

A ría destaca por ser un lugar de paso de aves, como espátula común e de limícolas, e punto de invernada das aves anátidas. No río Masma está presente o salmón atlántico.[4][5]

As especies de invertebrados catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Salmo salar
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

A Ría de Foz - Masma foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural foi declarado ademais, na súa totalidade ou coincidindo en parte, como:[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120011 Ría de Foz - Masma". Consultado o 30/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "SAC ES1120011 Ría de Foz - Masma". Consultado o 30/8/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]