Puerto de la Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Martiánez en Puerto de la Cruz

Puerto de la Cruz é unha cidade e municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, en Canarias. Sitúase no norte da illa de Tenerife, no Val de La Orotava, xunto aos municipios de Los Realejos e de La Orotava.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 8,73 km², é o municipio máis pequeno das Illas Canarias, e unha poboación de 31.804 habitantes (INE, xaneiro de 2008). A súa altitude é de 9 metros sobre o nivel do mar e o seu punto de maior altura é o cono volcánico das Areas (ou montaña da Forca), con 249 metros.

É un dos centros turísticos máis importantes de Canarias, sendo a procedencia común dos visitantes a Península Ibérica, Reino Unido e Alemaña.

Os seus habitantes son coñecidos como portuenses, e nalgúns casos xeneralízaselles como ranilleros, pero orixinalmente este gentilicio pertencía soamente aos do Barrio da Ranilla dentro do mesmo pobo e de forte tradición pesqueira.

Ademais do centro urbano do Puerto de la Cruz, o municipio conta con barrios como o de Punta Brava, A Beira, San Antonio, o Durazno, etc.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puerto de la Cruz Modificar a ligazón no Wikidata