Los Realejos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parroquia Matriz do Apóstolo Santiago. 1496. Primeiro Templo Cristián da Illa de Tenerife

Los Realejos é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no norte da illa de Tenerife. Sitúase no Valle de la Orotava, nas faldras do Teide. A poucos quilómetros de La Orotava e do Puerto de la Cruz. Los Realejos está a 42 km da capital, Santa Cruz de Tenerife.

Ten unha extensión de 57,09 km² e unha poboación de 37.224 habitantes (INE, xaneiro 2007). A súa altitude na cabeceira é de 420 metros sobre o nivel do mar.

O núcleo principal é Los Realejos (que está formado por tres zonas: Realejo Alto, San Agustín e Realejo Baixo), mais existen numerosas localidades e barrios como Toscal-Longuera, A Cruz Santa, Tigaiga, Pau Branco ou Icod do Alto.

Historia[editar | editar a fonte]

Neste municipio, que pertencía ao menceyato de Taoro, deuse por concluída a fase bélica da conquista de Tenerife o 25 de xullo de 1496. Ao Apóstolo Santiago, patrón da vila, encoméndase a primeira parroquia e templo que os casteláns edificaron na Illa, hoxe chamada Parroquia Matriz do Apóstolo Santiago.

Alén do barranco que os conquistadores chamarían barranco de Godinez, atopábanse as máis fértiles terras de Tenerife, terras que, nas reparticións de terreos que levaron acabo concluída a conquista, reservaríallas para si o Adiantado Fernández de Lugo, dando lugar, co paso dos anos, á coñecida hoxe en día como Facenda dos Príncipes.

Entre a Parroquia do Apóstolo Santiago e a de Facenda medraía o municipio de Realejo.

Até 1954 o actual municipio estaba dividido en dous diferentes: Realejo Alto e Realejo Baixo. Hoxe en día séguense empregando estes termos para diferenciar os dous barrios.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Los Realejos Modificar a ligazón no Wikidata