Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guía de Isora, tamén coñecido na illa simplemente como Guía, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (Canarias). Está situado no suroeste da illa de Tenerife.
Ao sueste atopamos o Barranco de Erques que separa ao municipio de Adeje. Polo leste limita co occidente do Parque Nacional do Teide, finalmente limita con Santiago del Teide polo norte.
Está constituído por 17 núcleos urbanos. A capital municipal está localizada a 580 m de altura e atópase nas medianías. Na zona alta destacan as poboacións de Vera de Erques, Tejina, Acojeja, El Pozo, El Jaral, Chirche, Aripe, Chiguergue e Chío. Na zona costeira atópanse os núcleos poboacionais de Piedra Hincada, Agua Dulce, Playa San Juan, Fonsalía, Alcalá e Cueva del Polvo.
Demografía [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: