Tijarafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tijarafe
Tijarafe bandera.png Tijarafe escudo.png
Situación xeográfica
La Palma municipio Tijarafe.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
Illa Flag of La Palma with CoA.svg La Palma
Xeografía
Altitude 640 msnm
Superficie 53,76 km²
Poboación
Poboación 2.763 hab. (2011)
Densidade 51,4 hab/km²
Xentilicio Tijarafero, ra
Información
Código postal 38780
Alcalde Lorenzo Lorenzo Sosa (PP)
Páxina web www.tijarafe.com

Tijarafe é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado na zona noroeste da illa de La Palma. Limita ao norte con Puntagorda, ao leste coa serra da Cumbre, polo oeste co océano Atlántico e ao sur cos municipios de Tazacorte, Los Llanos de Aridane e El Paso.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa extensión superficial é de 53.76 km², o que supón un 7.59% da superficie da illa. O seu perímetro está ao redor dos 36,584 metros. Esta superficie coloca a Tijarafe no quinto lugar lugar dos municipios palmeiros en canto ao seu tamaño, por detrás de El Paso, Garafía, Mazo e Fuencaliente. A costa, acantilada e de difícil acceso, ten unha lonxitude aproximada de 11,5 km, que supón un 9,3% do perímetro total insular.

Barrios[editar | editar a fonte]

Barrios de Tijarafe

Os barrios do municipio son:

  • Aguatavar
  • Arecida
  • Bellido
  • Candelaria
  • El Jesús
  • El Pinar
  • La Costa
  • La Punta
  • Tinizara

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Tijarafe xira ao redor da agricultura e a gandería. A agricultura ocupa un 69% da poboación activa, dedicada sobre todo ao cultivo de banana, por ser este o máis rendible.

A estrada LP-1 de Santa Cruz de la Palma a Puntagorda, atravesa o municipio de sur a norte, e é a ambos os dous lados da estrada onde se dan lugar a maioría das casas.

Tijarafe


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijarafe Modificar a ligazón no Wikidata