Almuñécar
Coordenadas: 36°44′N 03°41′W / 36.733°N 3.683°W
| Almuñécar | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Andalucía |
| Provincia: | Granada |
| Comarca: | Costa granadina |
| Xeografía | |
| Altitude: | 24 msnm |
| Superficie: | 83.36 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 27.076 hab. (2007) |
| Densidade de poboación: | 315,07 hab/km² |
| Xentilicio: | sexitano, almuñequero |
| Información | |
| Código postal: | 18690 (Almuñécar e Velilla-Taramay) 18697 (La Herradura) |
| Alcalde: | Trinidad Herrera Lorente (PP) |
| Sitio na web: | www.almunecar.info |
Almuñécar é un municipio da provincia de Granada, en Andalucía. Limita cos concellos granadinos de Otívar, Jete, Ítrabo e Salobreña, e co malagueño de Nerja. Está composto por tres núcleos de poboación: Almuñécar, La Herradura e Velilla-Taramay.
É un importante centro turístico, localizado entre o mar Mediterráneo e a montaña, así como un importante produtor de froitas subtropicais como o aguacate, chirimoia, mango ou kiwis.
Está atravesado polos ríos Verde e Seco.
Índice |
Historia [editar]
Os primeiros asentamentos teñen lugar hai uns 3.500 anos, cos poboadores da cultura argárica da idade de Bronce. A finais do século IX a. de C. os indíxenas recibiron a colonización fenicia, creando as estruturas urbanas da colonia de Ex, de tal forma que, cando a finais do século III a. de C. chegaron os romanos, encontraron unha cidade ben estruturada, cunha puxante economía baseada na salga do peixe e con moeda propia. A vila foi remodelada, coa construción de templos, teatro e acuedutos, propios do municipio de dereito latino Sexi Firmum Iulium.
En tempos de al-Ándalus, o viaxeiro al-Idrisi fai mención das ruínas de construcións anteriores. Coa chegada de Abderramán I no 755, Almuñécar pasou a pertencer, segundo a división administrativa dos musulmáns, á cora de Elvira.
Nese momento Almuñécar era un punto forte na costa: posuía un hins ou castelo, aínda que ata o século XI non se pode falar dela como cidade ou medina. Producía caña de azucre, plátanos, pasas, cereais, todo tipo de froitos e case tódolos xeógrafos sinalan a boa pesca que se obtiña nas súas augas. A cidade dispuña de porto, arrabaldes ou barrios extramuros, mercados e unha mesquita maior.
Durante o período no que o territorio de al-Ándalus estivo dividido en diversas taifas, Almuñécar dependeu da de Granada, consolidándose como a principal cidade costeira do seu reino.
Durante o reino nazarí foi un dos núcleos máis importantes, xunto co resto dos lugares do seu distrito: Cázulas, Lentegí, Turillas, Otívar e Jete, a desaparecida alquería de Budíjar, Ítrabo e Jate (cerca de Moscaríl), sendo moi visitada pola realeza que pasaba épocas na residencia real.
Trala caída de Baza en 1489, a Costa de Granada rendeuse ás tropas castelás en decembro dese mesmo ano, baixo as capitulacións asinadas en Almuñécar.
O escudo de armas da cidade, constituído polas cabezas de tres piratas berberiscos que flotan no mar, foi un regalo do rei Carlos I.
O 21 de setembro de 2007 caeu unha tromba de auga na que se chegaron a contabilizar uns 180 l/m², provocando un morto e cuantiosos danos[1].
Nomes históricos do municipio [editar]
O nome antigo do municipio é Sexi, nome da cidade como colonia fenicia e mantido baixo dominio romano. o actual nome procede de Hins-al-Monacar ("rodeada de montañas"), nome dado polos musulmáns ó volver a levantala das súas ruínas no século VIII.