Garafía
| Garafía | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 365 msnm |
| Superficie: | 103 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.707 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 16,57 hab/km² |
| Xentilicio: | Garafiano, -na |
| Información | |
| Código postal: | 38787 |
| Alcalde: | Yeray Rodríguez (PSOE) |
| Sitio na web: | www.garafia.org |
Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.
Historia e características [editar]
Ten unha extensión de 103 km² e unha lonxitude de costa de 25,50 km. No seu termo municipal atópase o Roque de los Muchachos, punto máis alto da illa con 2.426 metros onde se emprazou un importante observatorio astrofísico pertencente ao IAC.
Tradicionalmente foi un pobo con problemas de comunicación e illamento, o que provocou problemas de desenvolvemento e un descenso poboacional importante. Con todo isto preservou o seu carácter rural e ecolóxico, o que fai que teña un gran potencial para o turismo rural.
O municipio está formado polos núcleos de Cueva del Agua, Don Pedro, Franceses, Santo Domingo, Hoya Grande, Juan Adalid-El Mudo, Llano Negro, El Palmar, Roquefaro, El Tablado, Las Tricias, El Castillo e La Mata.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||