Puntagorda
| Puntagorda | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 722 msnm |
| Superficie: | 31,10 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.028 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 65,21 hab/km² |
| Xentilicio: | Puntagordero |
| Información | |
| Código postal: | 38789 |
| Alcalde: | Vicente Rodríguez Lorenzo (PSOE) |
| Sitio na web: | www.puntagorda.es |
Puntagorda é un municipio español situado no noroeste da illa canaria de La Palma, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.
Ten unha extensión de 31,10 km² e unha poboación de 2.028 habitantes (Instituto Nacional de Estatística, 2011). A súa altitude é de 600 metros sobre o nivel do mar e ten unha lonxitude de costa de 8,80 km. É o municipio máis occidental da illa, atópase delimitado ao norte polo barranco de Hizcagua, que o separa do municipio de Garafía, ao sur linda con Tijarafe por medio do Barranco de Garome.
Índice |
Economía [editar]
Puntagorda é un municipio primordialmente rural dedicado ao sector primario. Tradicionalmente os cultivos de secaño foron dominantes no municipio, especialmente améndoas, vide e trigo. No século XX impulsáronse os cultivos de regadío. O municipio conta cun Mercadillo do Agricultor onde estes venden directamente os produtos da horta aos consumidores.
O turismo rural tivo certo auxe na zona recentemente, pero sen substituír á agricultura como motor económico.
Cultura [editar]
A Igrexa de San Mauro Abad e a súa casa parroquial están declaradas Ben de Interese Cultural. Está situada na parte baixa do municipio.
No mes de febreiro celébranse as festas da amendoeira en flor.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||