San Andrés y Sauces
| San Andrés y Sauces | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 260 msnm |
| Superficie: | 42,75 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 4.860 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 113,68 hab/km² |
| Xentilicio: | Saucero, ra |
| Información | |
| Código postal: | 38720 |
| Alcalde: | Francisco Paz Expósito (PSOE) |
| Sitio na web: | www.sanandresysauces.es |
San Andrés y Sauces é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordés da illa canaria de La Palma.
Ten unha extensión de 42,75 km² e unha poboación de 4.860 habitantes (INE, 2011). A altitude do centro do municipio (Los Sauces) é de 250 metros sobre o nivel do mar.
Durante algún tempo foron dous pobos separados, San Andrés na costa e Los Sauces nas medianías. Tras a crise da cana de azucre iniciouse o declive de ambos o que produciu que finalmente se unisen. Debido a ser lugar de paso da estrada do norte, Los Sauces creceu en poboación mentres que San Andrés estancouse.
O municipio destaca pola súa masa boscosa de laurisilva, os seus profundos barrancos, os seus bancales e cultivos de plátanos. Algúns lugares de interese son o barranco e bosque de Los Tilos, Los Nacientes de Marcos e Cordero, El Molino El Regente, El Charco Azul (piscinas naturais), El Puerto Espíndola, Igrexa de San Andrés, así como os núcleos de poboación, onde atopamos boas mostras de arquitectura tradicional.
A economía vira en torno ao plátano principalmente, sendo o único outro cultivo de importancia a cana de azucre, que se usa na única destilería da illa para fabricar o Ron Aldea. Outro cultivo minoritario é o ñame, que se cultiva nas ladeiras húmidas encharcadas dos barrancos. Os sauceros son coñecidos na Palma como "Ñameros".
Na costa atópase Puerto Espíndola, un pequeno porto pesqueiro que anteriormente foi a principal vía de comunicación do municipio, antes de que se construíse no século XX a estrada.
Na costa atópanse tamén as piscinas naturais do Charco Azul, pequeno centro turístico do municipio.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||