San Sebastián de la Gomera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Sebastián de la Gomera
Escudo de San Sebastián de La Gomera.svg
Situación xeográfica
La Gomera municipio San Sebastián de la Gomera.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Canarias Canarias
Provincia: Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
Illa: Bandera La Gomera.PNG La Gomera
Xeografía
Altitude: 128 msnm
Superficie: 113,59 km²
Poboación
Poboación total: 9.120 hab. (2011)
Densidade de poboación: 80,29 hab/km²
Xentilicio: Hermigüense
Información
Código postal: 38880
Alcalde: Ángel Luis Castilla Herrera (PSOE)
Sitio na web: www.sansebastiangomera.org

San Sebastián de la Gomera, coñecido popularmente como La Villa, é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. É a capital da illa de La Gomera, pertencente ás Canarias. Neste municipio atópase a ermida da Virxe de Guadalupe, patroa da illa.

Ten unha poboación de 9.120 habitantes (INE, 2011). Ademais do casco, as entidades poboacionais máis importantes son El Molinito, Laguna de Santiago e Tecina. Preto de 1850 absorbeu ao municipio de Jerduñe.

Índice

Descrición[editar]

Vista da vila

Está situado ao leste da illa. Ten unha extensión de 114,47 km² e a súa altitude é de 5 metros sobre o nivel do mar.

Conta cun porto comercial, polo que pasou Cristóbal Colón nas súas viaxes ao continente americano. O lugar onde se aloxou, a Casa de Colón, é agora un museo.

Neste municipio atópase La Torre del Conde que foi construída entre os anos 1447 e 1450 polo Conde da Gomera. Durante unha rebelión dos nativos da illa foi lugar de refuxio para os españois. Tamén destaca en San Sebastián a igrexa da nosa Señora da Asunción e a Ermida de San Sebastián.

A economía no pasado estivo baseada na agricultura, pero nos últimos anos cobrou importancia o sector servizos.

Ao redor de 1599, un grupo de holandeses intentaron invadir a illa polo porto da Vila, pero foron rexeitados polos gomeros.

Panorama[editar]

A Vila de San Sebastián de la Gomera atópase nun val á beira do mar, a "silueta" de San Sebastián está dominada pola figura do Teide situado na illa de Tenerife. A montaña é claramente visible desde a maior parte da illa de La Gomera, incluída a súa capital San Sebastián de la Gomera, e é representada a miúdo por artistas gomeros en pinturas, souvenirs e demais obxectos.


San Sebastián de La Gomera, Tenerife e Teide no fondo

San Sebastián de La Gomera, Tenerife e Teide no fondo


Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: