El Paso, La Palma
| El Paso, La Palma | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 630 msnm |
| Superficie: | 135,92 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 7.947 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 58,47 hab/km² |
| Xentilicio: | Pasense |
| Información | |
| Código postal: | 38750 |
| Alcalde: | María Dolores Padilla Felipe (PSOE) |
| Sitio na web: | www.ayuntamientodeelpaso.org |
El Paso é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. Está situado no oeste da illa de La Palma, abarcando a Caldera de Taburiente, parte do Val de Aridane, a Cumbre Nueva e a Cumbre Vieja.
Índice |
Xeografía [editar]
Ten unha extensión de 135,92 km² (sendo o municipio máis extenso da illa de La Palma) e unha poboación que a xaneiro de 2011 era de 7.947 habitantes (INE). A capital do municipio, a cidade de El Paso, está situada a unha altitude de 644 metros sobre o nivel do mar. Trátase do único municipio da illa de La Palma que carece de costa. Linda con todos os municipios da illa excepto con Tazacorte.
Algúns barrios e pobos do municipio son Tacande, Las Manchas, La Rosa, Camino Viejo, Tenerra, Los Barriales, Fátima, El Paso de Abajo, Cajita del Agua, El Calvario, Tendiña, Tajuya e Los Dos Pinos.
Neste termo municipal áchase o Parque Nacional da Caldera de Taburiente, así como o Parque Natural de Cumbre Vieja. Outras paraxes naturais de interese son a Cumbrecita, o Pico Bejenao, o Llano la Negra, o Pico Virigoyo ou Verigoyo, a Cumbre Nueva, o Volcán de Tacande ou o Volcán de San Juan.
Unha extensión importante do municipio está formada por bosques de piñeiro canario.
Economía [editar]
Na agricultura destaca a viña (vide), o almendro e algúns froiteiros. Ata fai unhas décadas houbo tamén unha importante actividade gandeira (caprina e bovina), pero hoxe esta práctica está en desuso.
Referente á economía cabe apuntar o duro golpe suposto, non só para este municipio, co peche da fábrica de tabacos que daba emprego a uns 250 traballadores. A fábrica tivo o seu comezo en 1923 por creación da familia Capote, anos máis tarde pasou á multinacional RJR, que vendeu á JTI que foi quié deu cerrojazo ás instalacións no ano 2000.
Festas [editar]
A festividade máis importante do municipio é a Virxe do Piñeiro (Virgen del Pino), celebrándose cada tres anos a baixada da virxe desde a súa ermida nas proximidades da Cumbrecita ata o centro do municipio.
Outras festividades son O Sacro Corazón e o Corpus Christi.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||
