Alajeró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alajeró
Bandera de Alajeró.svg Escudo de Alajeró.svg
Situación xeográfica
La Gomera municipio Alajeró.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
Illa Bandera La Gomera.PNG La Gomera
Xeografía
Altitude 810 msnm
Superficie 49,42 km²
Poboación
Poboación 2.016 hab. (2011)
Densidade 40,79 hab/km²
Xentilicio alajerones, lagarteros
Información
Código postal 38812
Alcalde Manuel Ramón Plasencia Barroso (PSOE)
Páxina web www.ayuntamientoalajero.es

Alajeró é un municipio da illa canaria de La Gomera, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Ten unha extensión de 49,43 km² e acada unha altitude de 810 metros sobre o nivel do mar. A súa lonxitude de costa é de 14,05 km.

Datos[editar | editar a fonte]

Igrexa de Chipude, en Alajeró.

Os cantís de Alajeró constitúen un sitio de interese científico, onde habitan especies endémicas ameazadas e protexidas. O aguia pescadora ten aquí unha zona de nidificación. Ao sur destes cantiis atópase o Monumento Natural da Caldera, expoñente do volcanismo máis recente da Gomera. Tamén nos termos deste municipio atópase a Paisaxe Protexida de Orone.

O barranco de Santiago separa ao municipio de San Sebastián de la Gomera, e desemboca en Praia Santiago, pobo pesqueiro que se converteu nun dos puntos de desenvolvemento turístico da Gomera. Outras praias a mencionar de Alajeró son a de Erese e a da Negra.

Algúns edificios a destacar son a igrexa de San Salvador e a Ermida da nosa Señora do Bo Paso. A mediados de setembro ten lugar a festa na súa honra, tendo lugar, con manifestacións do folclore gomero, as procesións de baixada o 14 e a de subida o 15.

Neste municipio atópase o aeroporto de La Gomera.

Poboación[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación de 2.142 habitantes (INE, 2007). Os principais núcleos de poboación son Alajeró Casco, Playa Santiago, Targa, Antoncojo, Imada e Arguayoda.

Ano Poboación Densidade
1991 1143 23,12 hab/km²
1996 1155 23,37 hab/km²
2001 1465 29,64 hab/km²
2002 1533 31,01 hab/km²
2003 1726 34,92 hab/km²
2004 1894 38,32 hab/km²
2006 2054 41,55 hab/km²
2007 2142 43,33 hab/km²

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alajeró