Valle Gran Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valle Gran Rey
Flag of Valle Gran Rey.svg Escudo valle gran rey.png
Situación xeográfica
La Gomera municipio Valle Gran Rey.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife
Illa Bandera La Gomera.PNG La Gomera
Xeografía
Altitude 100 msnm
Superficie 36,36 km²
Poboación
Poboación 5.364 hab. (2011)
Densidade 147,52 hab/km²
Xentilicio Chalanguero, -ra
Información
Código postal 38870
Alcalde Miguel Ángel Hernández Méndez
Páxina web www.vallegranrey.es

Valle Gran Rey é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no oeste da illa de La Gomera. Ten unha extensión de 36,36 km² e unha poboación de 5.116 habitantes (INE, xaneiro 2007). A altitude da capital municipal é de 100 metros sobre o nivel do mar.

Trátase dun municipio cuxa poboación se atopa bastante dispersa en numerosos barrios e caseríos que se dispón no seu maior parte ao longo do barranco que lle dá nome e na plataforma costeira. A capital está establecida no lugar de La Calera desde 1930, antes estivo en Arure, que daba tamén nome antigamente ao municipio. Outras entidades de poboación relevantes son Las Hayas, Taguluche, La Playa e Vueltas.

Economía[editar | editar a fonte]

Palmeiral no barrio de Casa da Seda, Valle Gran Rey.

A economía de Valle Gran Rey baseábase ata os anos 70 do século XX na pesca e na agricultura, especialmente no cultivo do plátano. A partir de entón adquiriu certa relevancia como destino turístico alternativo, o cal propiciou un certo desenvolvemento urbanístico. Na actualidade é a través do sector terciario por onde se obteñen os maiores ingresos, especialmente por medio do turismo procedente sobre todo de Alemaña e das propias illas Canarias.

Porto de Vueltas[editar | editar a fonte]

Valle Gran Rey

O porto de Vueltas é un porto eminentemente pesqueiro polo que a poboación dos municipios contiguos, ata os anos 70 do século XX, baseaba a súa economía na pesca e o cultivo do plátano. Desde fai anos un barco rápido cobre a liña Valle Gran Rey - Porto Santiago - San Sebastián - Los Cristianos (Tenerife), varias veces ao día, posibilitando a chegada a este municipio máis fácil e rápido por mar que por estrada e mellorando así as comunicacións da illa.

Poboación[editar | editar a fonte]

Ano Poboación Densidade
1991 3.103 -
1996 3.631 -
2001 4.238 132,46/km²
2002 4.248 -
2003 4.487 138,65/km²
2004 4.745 144,22/km²
2006 5.040 153,19/km²
2007 5.116 155,5/km²

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valle Gran Rey Modificar a ligazón no Wikidata