Pteranodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pteranodon
Rango fósil: Cretácico superior
Réplica de un esqueleto de un P. longiceps macho, Museo Americano de Historia Natural
Réplica de un esqueleto de un P. longiceps macho, Museo Americano de Historia Natural
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Pterosauria
Suborde: Pterodactyloidea
Superfamilia: Ornithocheiroidea
Familia: Pteranodontidae
Xénero: ''Pteranodon
Marsh, 1876
Especies
Sinonimia

Pteranodon (gr. "alado sen dentes") é un xénero de pterosaurios pterodactiloideos. Viviu fai 85 millóns de anos no Cretácico superior. Atopáronse restos fósiles en Kansas (Estados Unidos) e en Inglaterra.

Características[editar | editar a fonte]

Carecía prácticamente de cola; a súa cabeza era máis ancha que a das formas xurásicas, cunha prolongación a modo de crista e sen dentes. A súa gran crista na parte posterior da cabeza probablemente axudáballe a equilibrar o peso do pico e da pesca. Pesou ata 20 kg e mediu ata 9 m de envergadura. As súas patas eran tan débiles que se dubida de que puidesen andar polo chan.

Dieta[editar | editar a fonte]

A súa dieta era piscívora (atopouse ósos fosilizados de peixes no estómago dun espécime). Seguramente empregaba o seu longo pico a modo de pala para capturar peces mentres voaba preto da superficie do mar. Unha bolsa baixo o pico permitíalle almacenar peixe, como o pelicano actual.

Especies[editar | editar a fonte]

Describíronse varias especies de Pteranodon, aínda que non todas están ben fundamentadas. As mellor establecidas distínguense pola forma da crista; en Pteranodon longiceps é recta e diríxese cara atrás, mentres que en Pteranodon sternbergi é máis vertical e profunda.