Pterosauria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pterosaurios
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Archosauria
Orde: Pterosauria
Sub-Familias
Rhamphorhynchoidea
Pterodactyloidea

Os pterosaurios ("lagartos alados") son un grupo de réptiles voadores que existiron durante a Era Mesozoica. As súas ás estaban formadas por unha complexa membrana sostida polo cuarto dedo da man, que estaba hipertrofiado. O seu corpo estaba cuberto de pelo, preservado en fósiles de polo menos tres especies distintas.

Os fósiles máis antigos de pterosaurios coñecidos pertencen como mínimo ó Triásico tardío. O máis antigo chámase Eudimorphodon. É de pequeno tamaño, cola con extremo en forma de rombo, e dentes puntiagudos en ambas as dúas mandíbulas.

Os primeiros pterosaurios, desenvolvidos entre o Triásico serodio e principios do Xurásico, eran similares ó Eudimorphodon; de pequeno tamaño, rabo longo, e dentes (como o Rhamphorynchus, que tiña dentes que pechaban en forma de trampa).

Xa para o Cretácico se diversificaran en varias formas: algúns sen cola e sen dentes (como o Pteranodon), outros do tamaño dun avión da Primeira Guerra Mundial (como Quetzalcoatlus, a criatura voadora máis grande coñecida), numerosos con cristas (como Dsungaripterus e Pteranodon), e outros con outras características (como o Ctenochasma, que asemellaba unha garza e filtraba plancto por medio dos seus finos dentes).

Aparentemente, os pterosaurios perderon moita da súa diversidade antes de concluír a Era Mesozoica. Só se coñece unha especie que existise no momento da grande extinción masiva do Cretácico: Quetzalcoatlus northropi.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pterosaurios