Primeira División da LNFS
A Primeira División da LNFS, chamada Liga Marca de Fútbol Sala por razóns de patrocinio (coñecida como División de Honra da LNFS ate 2011), é a máxima categoría de fútbol sala no estado español, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala por riba da Segunda División. Dispútase dende 1989.
Índice |
Sistema de competición [editar]
O sistema de competición enfronta ós 14 equipos da liga entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse de 14 equipos na actualidade, la liga conta con 26 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.
Ao finalizar a tempada regular xóganse os playoffs polo título, que enfrontan ós oito mellores equipos da liga ao mellor de tres encontros en cuartos de final e semifinais, e ó mellor de cinco encontros na final. En caso de empate ó remate do tempo regulamentario, xógase unha prórroga. A localía establécese en base á clasificación na liga regular.
Pola súa banda, para clasificarse para a Copa de España de Fútbol Sala, que se disputa á metade do campionato, os equipos deberán ter rematado entre as oito primeiras posicións da liga ao final da primeira volta. A cidade organizadora clasifícase de xeito automático, independentemente de que estea entre os mellores clasificados.
Nas competicións internacionais, o equipo que gaña a liga clasifica para a UEFA Futsal Cup, partindo dende a fase de grupos final.
Equipos 2012/13 [editar]
| Equipo | Cidade | Fundación | Pavillón | Capacidade | En 2011-12 |
|---|---|---|---|---|---|
| Lugo | 1984 | Municipal de Lugo | 2.200 | 13º | |
| Barcelona | 1978 | Blaugrana | 7.500 | 2º - Campión | |
| Burela | 2001 | Municipal de Vista Alegre | 1.200 | En 2ª | |
| Segovia | 1979 | Pedro Delgado | 2.800 | 4º - Semifinalista | |
| Murcia | 1989 | Palacio dos Deportes | 7.500 | 1º - Finalista | |
| Manacor | 1998 | Palma Arena | 5.800 | 10º | |
| Gáldar | 1986 | Juan Vega Mateos | 2.000 | En 2ª | |
| Alcalá de Henares | 1977 | Cajamadrid | 4.500 | 3º - Semifinalista | |
| Sta.Coloma de Gramenet | 1975 | Jacint Verdaguer | 2.400 | 14º | |
| Puertollano | 1994 | Antonio Rivilla | 3.000 | 9º | |
| Tudela | 2001 | Ciudad de Tudela | 1.000 | 12º | |
| Santiago de Compostela | 1975 | Fontes do Sar | 6.050 | 5º - Cuartofinalista | |
| Pamplona | 1978 | Universitario de Navarra | 3.500 | 6º - Cuartofinalista | |
| Zaragoza | 1987 | Siglo XXI | 2.800 | 8º - Cuartofinalista |
Palmarés [editar]
Táboa histórica [editar]
- Ate o remate da tempada 2011/12.
| Posición | Equipo | Tempadas | P.xogados | P.gañados | P.empatados | P.perdidos | Goles+ | Goles- | Dif.goles | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | ElPozo Murcia | 23 | 688 | 460 | 92 | 136 | 3462 | 2219 | 1243 | 1387 |
| 2 | Inter Movistar | 23 | 700 | 457 | 114 | 129 | 3153 | 1961 | 1192 | 1371 |
| 3 | Playas de Castellón | 22 | 658 | 375 | 112 | 181 | 2913 | 2153 | 760 | 1145 |
| 4 | Caja Segovia | 23 | 698 | 339 | 119 | 240 | 2897 | 2491 | 406 | 1057 |
| 5 | FC Barcelona | 18 | 540 | 243 | 87 | 210 | 1980 | 1803 | 177 | 738 |
| 6 | Marfil Santa Coloma | 20 | 568 | 223 | 83 | 292 | 2300 | 2543 | −243 | 688 |
| 7 | Carnicer Torrejón | 15 | 462 | 172 | 81 | 209 | 1790 | 1895 | −105 | 597 |
| 8 | Triman Navarra | 14 | 430 | 163 | 80 | 187 | 1585 | 1628 | −43 | 569 |
| 9 | Reale Cartagena | 14 | 430 | 158 | 91 | 181 | 1538 | 1634 | −96 | 565 |
| 10 | CLM Talavera | 10 | 306 | 200 | 39 | 67 | 1452 | 941 | 1358 | 552 |
| 11 | Martorell | 10 | 314 | 136 | 50 | 128 | 1249 | 1202 | 47 | 458 |
| 12 | Azkar Lugo |
11 | 332 | 123 | 56 | 153 | 1080 | 1233 | −153 | 425 |
| 13 | Santiago Futsal |
9 | 268 | 120 | 63 | 85 | 1026 | 909 | 117 | 423 |
| 14 | Umacon Zaragoza | 11 | 338 | 120 | 59 | 159 | 1216 | 1364 | −148 | 419 |
| 15 | Valencia Vijusa | 10 | 316 | 115 | 51 | 145 | 1142 | 1268 | −126 | 393 |
| 16 | Dulma Astorga | 12 | 364 | 126 | 56 | 182 | 1418 | 1613 | −195 | 370 |
| 17 | Caja San Fernando | 11 | 338 | 117 | 57 | 164 | 1110 | 1270 | −160 | 350 |
| 18 | Ourense |
8 | 260 | 103 | 38 | 119 | 888 | 962 | −74 | 327 |
| 19 | Móstoles | 8 | 244 | 86 | 50 | 108 | 915 | 1014 | −99 | 308 |
| 20 | Maspalomas Sol Europa | 9 | 272 | 110 | 42 | 125 | 982 | 1055 | −73 | 303 |
| 21 | Benicarló | 8 | 230 | 83 | 44 | 111 | 654 | 728 | −74 | 282 |
| 22 | Pinturas Lepanto | 7 | 176 | 95 | 32 | 49 | 735 | 571 | 164 | 256 |
| 23 | Mejorada/Algón | 7 | 208 | 91 | 42 | 78 | 740 | 700 | 40 | 230 |
| 24 | Marsanz Torrejón | 6 | 172 | 96 | 29 | 47 | 892 | 631 | 261 | 221 |
| 25 | Sol Fuerza Salamanca | 6 | 200 | 57 | 24 | 119 | 707 | 916 | −209 | 183 |
| 26 | O'Parrulo |
5 | 162 | 50 | 24 | 88 | 502 | 682 | −180 | 174 |
| 27 | Rías Baixas |
5 | 168 | 44 | 33 | 91 | 490 | 635 | −145 | 165 |
| 28 | P. Beltrán Alcantarilla | 3 | 98 | 52 | 17 | 29 | 395 | 308 | 87 | 151 |
| 29 | Guadalajara | 6 | 178 | 37 | 26 | 110 | 534 | 798 | −264 | 139 |
| 30 | Gervasport Boadilla | 3 | 90 | 36 | 11 | 43 | 365 | 384 | −19 | 119 |
| 31 | Fisiomedia Manacor | 3 | 88 | 34 | 12 | 42 | 288 | 325 | −37 | 114 |
| 32 | Fuconsa Jaén | 4 | 122 | 40 | 14 | 68 | 439 | 530 | −91 | 113 |
| 33 | OID Talavera | 2 | 60 | 21 | 8 | 31 | 161 | 208 | −47 | 71 |
| 34 | Barcel Euro Puebla |
2 | 60 | 16 | 17 | 27 | 234 | 257 | −23 | 65 |
| 35 | Pinto | 2 | 58 | 17 | 9 | 32 | 160 | 220 | −60 | 60 |
| 36 | Puertollano | 1 | 30 | 12 | 3 | 15 | 88 | 98 | −10 | 39 |
| 37 | Ríos Renovables R.N. | 1 | 30 | 9 | 6 | 15 | 86 | 106 | −20 | 33 |
| 38 | Las Rozas Boadilla | 1 | 30 | 7 | 5 | 18 | 111 | 129 | −18 | 26 |
| 39 | Andorra | 1 | 30 | 7 | 5 | 18 | 95 | 138 | −43 | 26 |
| 40 | Gáldar Gran Canaria | 1 | 30 | 11 | 2 | 17 | 118 | 139 | −21 | 24 |
| 41 | Zamora | 1 | 30 | 6 | 4 | 20 | 87 | 122 | −35 | 22 |
| 42 | GSI Bilbao | 1 | 30 | 5 | 6 | 19 | 94 | 136 | −42 | 21 |
| 43 | Cefire Burela |
1 | 34 | 6 | 1 | 27 | 107 | 186 | -69 | 19 |
| 44 | Cometal Celta de Vigo |
1 | 30 | 4 | 7 | 19 | 85 | 131 | −46 | 19 |
| 45 | Leis Pontevedra |
1 | 30 | 4 | 2 | 24 | 60 | 130 | −70 | 14 |
| 46 | Albacete | 1 | 30 | 4 | 1 | 25 | 87 | 155 | −68 | 13 |
| Primeira División | |
| Segunda División | |
| Segunda División B | |
| Terceira División | |
| No segue afiliado á RFEF | |
| Club desaparecido |
Medios de comunicación [editar]
A Primeira División da LNFS pódese seguir a través de distintas canles de televisión en TDT. Marca TV emite para todo o estado español, mentres que en cada comunidade autónoma existen distintos acordos para a emisión do torneo, segundo haxa equipos locais ou non. Históricamente, a LNFS mantivo acordos con Televisión Española dende o seu nacemento, e durante un breve periodo de tempo con Antena 3. Dende o 2010, Marca TV emite a Primeira División e as distintas competicións da LNFS a nivel estatal. Ademais, o campionato mantén un acordo de colaboración con Unidad Editorial, donos de Veo Televisión, para que o xornal Marca sexa o patrocinador oficial e os medios de comunicación do grupo outorguen á Primeira División unha cobertura destacada.
Ó marxe, as televisións autonómicas tamén poden emitir encontros da liga. No grupo das que pertencen á FORTA encóntranse Televisió de Catalunya (a través de El 33), Televisión de Galicia (a través de G2), 7 Región de Murcia e Aragón Televisión. Ademais, existen televisións locais que emiten os encontros dos equipos da súa zona como TV Mallorca ou Telecartagena. Por outra banda, a propia liga xestiona unha canle no portal de videos YouTube, con resumos dos encontros e os goles máis salientables de cada xornada.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial da Liga Nacional de Futbol Sala (en castelán)
- Web de noticias sobre fútbol sala (en castelán)
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||