Carnicer Torrejón Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carnicer Torrejón»)
Torrejón Fútbol Sala
NomeClub Carnicer Torrejón Fútbol Sala
Fundación1984
EstadioMunicipal Jorge Garbajosa
Torrejón de Ardoz, España España
Capacidade4.000
Presidenteespañol José Carnicer Castro
Adestradorespañol José Carnicer Castro
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-10
VestimentaHummel
PatrocinadorTeka
Na rede
http://www.automovilescarnicer.com/
Titular
Alternativo

O Carnicer Torrejón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da localidade de Torrejón de Ardoz (Comunidade de Madrid). Actualmente o club compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala. Trala desaparición do Marsanz Torrejón converteuse no principal equipo da localidade madrileña.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1984 por José Carnicer, dono dos concesionarios Fiat Automóviles Carnicer. Aínda que comezou dende a terceira rexional madrileña, ascendeu de categoría cada dous anos. En cinco anos pasou da cuarta categoría estatal á División de Honra, liga na que debutou na tempada 1997-98.

Durante os seus primeiros anos na máxima categoría, o equipo tratou de asegurar a permanencia, e pouco despois conseguiu meterse na loita polo título a partir dun equipo formado por xogadores da canteira e descartes doutros equipos. A súa primeira participación nos playoffs polo título foi na tempada 1999-00.

Dende a súa creación José Carnicer exerceu como presidente e adestrador do club, así e todo no ano 2010 deixou os labores de preparación do equipo en favor de José Antonio Valle para se centrar na dirección do Carnicer Torrejón.[1] Porén, trala dimisión de Valle en decembro, volveu adestrar o equipo.

Cadro 2010-11[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 Porteiro España Antonio Calvo
2 Peche España David
3 Pivote Jaison
6 Á España Dani Martín
7 Á España Mario Rivillos
8 Peche España Jorge
9 Á España Nacho Pedraza
Posto País Xogador
10 Peche España Víctor
11 Pivote España José Carlos
13 Porteiro España Prieto
14 Á España Kita
15 Porteiro España Miguel Medina
17 Á España Pablo Mel
18 Á España Juanlu
  • Adestrador: José Carnicer Castro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1 Campionato da División de Prata: 1996-97

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]