Caja Segovia FS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Caja Segovia Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da cidade de Segovia, que compite na Primeira División da LNFS. Fundado en 1979 co nome Club Deportivo La Escuela, foi un dos equipos fundadores da LNFS en 1989, ano no cal comezou a competir na elite do fútbol sala español baixo o nome do seu patrocinador Caja Segovia.

O equipo xoga os seus encontros como local no Pavillón Pedro Delgado de Segovia, un recinto multiúsos cuberto que conta cunha capacidade para acoller a 2800 seareiros (4500 engadíndolle bancadas temporais).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Entre as tempadas 1997-98 e 2000-01 chegaron tódolos títulos do club, con xogadores como Luis Amado, Orol, Marcelo Serpa ou Riquer:

A pesar dos problemas financeiros do club, que fixeron que o equipo perdese ás súas estrelas, na tempada 2010-11 o Caja Segovia FS chegou de novo a unha final polo título de liga, caendo diante do FC Barcelona en 5 encontros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]