División de Honra da LNFS 1996-97

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 1996-97 da División de Honra da LNFS foi a 8ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 15 de setembro de 1996 e rematou o 21 de xuño de 1997 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o segundo título de liga na historia desta competición a prol do CLM Talavera.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Eliminatorias polo título[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Playas de Castellón  2
  8 Ourense FS Galicia  0  
  1 Playas de Castellón  2
    4 ElPozo Murcia  0  
  4 ElPozo Murcia  2
  5 Industrias García  1  
  1 Playas de Castellón  0
    2 CLM Talavera  3
  2 CLM Talavera  2
  7 Boomerang Interviú  1  
  2 CLM Talavera  2
    3 Masp. Sol Europa  0  
  3 Masp. Sol Europa  2
  6 FC Barcelona  1  


O CLM Talavera proclamouse campión desta edición 1996-97 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]