Agrupación Deportiva Sala 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sala 10 Zaragoza
Nome Agrupación Deportiva Sala 10 Zaragoza
Fundación 1987
Estadio Pabellón Siglo XXI
Zaragoza, España España
Inauguración 2007
Capacidade 2.800
Presidente español José Ramón Moreno
Adestrador Flag of Spain.svg Santi Amor
Liga División de Honra (LNFS)
2010-11 9º (liga regular)
Vestimenta Joma
Patrocinador MLN, Ace Duraflo
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Sala 10 Zaragoza é un equipo de fútbol sala español da cidade de Zaragoza (Aragón), que actualmente xoga na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala. Foi fundado en 1987 e se converteu no principal equipo de Zaragoza trala desaparición do Sego Zaragoza, máis coñecido como Pinturas Lepanto. O seu debut na División de Honra produciuse na tempada 1999-2000.

Historia[editar | editar a fonte]

A Agrupación Deportiva Sala 10 fundouse en 1987 como club amateur de Zaragoza, e nos seus primeiros anos permaneceu en campionatos rexionais de Aragón. O equipo non ingresou nos campionatos da Liga Nacional de Fútbol Sala ata 1992, cando se inscribiu en Primera Nacional "B".

Coa desaparición do Pinturas Lepanto, principal club de fútbol sala da cidade, o Sala 10 se converteu no primeiro equipo de Zaragoza. Aínda que en 1995 o equipo conseguiu o ascenso no terreo de xogo, o Sala 10 tivo que renunciar á División de Prata por falta de financiamento. Un ano despois, os aragoneses finalizaron campións e ascenderon á segunda categoría, con patrocinadores e un novo modelo de xestión.

O Sala 10 permaneceu na División de Prata tres anos ata que, na tempada 1998-99, como Foticos Zaragoza, ascendeu á División de Honra por primeira vez na súa historia. Na máxima categoría permaneció dúas tempadas, ata que na tempada 2000-01 descendeu ao perder na fase de permanencia ante o FC Barcelona. O seu paso na segunda categoría durou un ano, xa que na tempada 2001-02 volveu ascender.

A súa seguinte etapa na División de Honra estivo patrocinada pola aseguradora DKV Seguros, polo que o club pasou a denominarse DKV Seguros Zaragoza. Nas primeiras tres tempadas, o Sala 10 finalizou nas oito primeiras posicións que dan dereito a xogar os playoffs polo título. Sen embargo, as súas actuacións empeoraron nas seguintes campañas e na 2007-08 o equipo aragonés descendeu nóvamente á División de Prata. De novo, os zaragozanos volveron á máxima competición un ano despois.

Plantel 2010-11[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 Porteiro España Arturo
4 Peche Flag of Brazil.svg Valença
19 Á España Victor Berges
7 Á España Víctor
8 Peche Flag of Brazil.svg Euler
9 Pívot España Edu Duato
Posto País Xogador
10 Pívot España Sergio
11 Peche España Raúl
15 Pívot España Nano Modrego
17 Porteiro España Dídac
21 Á {{Guinea Ecuatorialb}} Keny

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]