Futsal Cartagena
| Nome | Futsal Cartagena | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Cartageneros, Albiazules | ||
| Fundación | 1993 | ||
| Estadio | Wsell de Guimbarda (La Bombonera) Cartagena, España |
||
| Capacidade | 2.500 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | División de Honra (LNFS) | ||
| 2010-11 | 13º | ||
| Vestimenta | Elements | ||
| Patrocinador | Reale | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Futsal Cartagena ou Reale Cartagena por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da cidade de Cartagena (Rexión de Murcia). Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.
O Futsal Cartagena foi fundado en 1993, e dende a tempada 1998-99 xoga na máxima categoría do fútbol sala español. A súa mellor tempada foi a 2005-06, cando o equipo chegou á final da División de Honra da LNFS, na que perdeu fronte a ElPozo Murcia.
Índice |
Historia [editar]
Creación do Futsal Cartagena [editar]
O Fútbol Sala Cartagena comezou a competir en 1993 baixo o nome de Mínguez y Sáez Fútbol Sala. En dous anos conseguíu o ascenso á División de Prata na que, tras unha primeira tempada de prova, comezou a buscar o ascenso á máxima categoría. Na tempada 1996-97 non pudo conseguir o ansiado ascenso logo de caer no derradeiro partido ante Jaén Fútbol Sala, mais na tempada seguinte, o Mínguez Sáez proclamouse campión de grupo e ascendeu á División de Honra ao bater ao F.S. Móstoles.
No seu debut na máxima categoría, Cartagena certificou a súa permanencia, e ao ano seguinte finalizou na novena posición, ficando ás portas dos playoffs polo título. No ano 2000, o club cambiou de patrocinador, converténdose no GMI FS Cartagena durante dúas tempadas, nas que seguíu loitando sen éxito por entrar entre os mellores. Cando a empresa rompeu o seu patrocinio, Cartagena estivo a piques de desaparecer, mais no último momento, o Centro Médico Virgen de la Caridad converteuse no seu sponsor. O club mantívose na fase de permanencia ante o Levitt Las Rozas.
Polaris World Cartagena [editar]
Na tempada 2003-04, a promotora inmobiliaria Polaris World converteuse no patrocinador do Cartagena, baixo a presidencia de Salvador Hernández. O novo sponsor investíu moitos cartos en xogadores como Manoel Tobías, considerado daquela como a estrela da selección brasileña, e outras figuras como Indio e o adestrador Sito Rivera. O equipo clasificouse para os playoffs en quinta posición e chegou ata as semifinais. Unha tempada despois, o club rematou cuarto a liga regular e corrió nos playoffs polo título chegou nóvamente ata as semifinais a pesar das contratacións de Marcelo, Jordi Sánchez, Javier Orol, Jordi Torras e o brasileño Leandro Simi.
Polaris World realizou a súa mellor tempada en 2005-06, ao finalizar segundo a liga regular. Nos playoffs polo título, Cartagena superou ao Playas de Castellón FS e ao Boomerang Interviú, chegando ata a final polo título, onde caeu fronte a ElPozo Murcia. En todo ese tempo destacaron os brasileños Ciço, Lenísio (máximo goleador do club) e Balo. Na tempada 2006-07, o club finalizou segundo, mais caeu en semifinales polo título.
Etapa actual [editar]
Logo de catro anos de patrocinio, Polaris World anunciou o 12 de xuño do 2007 que retiraba o seu patrocinio ante a falta de resultados. A entidade rescindiu o contrato de tódolos seus xogadores, e o equipo estivo nóvamente a piques de desaparecer. O primeiro presidente, Antonio Mínguez, regresou ao cargo e o club buscou de xeito desesperado un patrocinador. Meses despois, a empresa Muebles Tuco convertiuse no seu sponsor e o club tivo que refacerse por completo con xogadores como Jordi Gay e Marcelo Serpa. Con menos cartos que en anteriores ocasións, o equipo finalizou en duodécimo lugar ea a empresa de mobles retirou o seu patrocinio ao final da tempada.
Nóvamente sen apoios económicos, a construtora Peinsa asinou un acordo de patrocinio no verán do 2008. Mais a mediados da tempada 2008-09, Peinsa suspendeu pagos e non afrontou os seus compromisos económicos, polo que a plantilla non podía cobrar as súas nóminas. Ao final, en Febreiro do 2009, o Centro Médico Virgen de la Caridad volveu converterse no patrocinador ata o final da tempada.[1] A pesar das dificultades, Cartagena certificó a permanencia.
Dende a tempada 2009-10, Cartagena está patrocinado pola aseguradora Reale Seguros, polo que a entidade cambiou o seu nome por Reale Futsal Cartagena. Neste tempo destacaron os xogadores Sergio Lozano e Fabián Robledo, convocados pola Selección de fútbol sala de España.
Na tempada 2010-11 continuou o patrocinio da aseguradora Reale. A pesar deso, o club sufríu dificultades económicas que o levaron mesmo ao impago dalgunhas nóminas debido a que as subvencións públicas do concello e da comununidade autónoma non chegaban. Ao finalizar a primeira volta o club estaba situado en posicións de descenso. Coas incorporacións de Beto, Yoni e Bebe no mercado de inverno, o club experimentou unha remontada espectacular, gañándose partidos como o 10-9 a ElPozo Murcia en La Bombonera. O club chegou ara a derradeira xornada xogándose a permanencia fronte ao Playas de Castellón, fora de casa, nun partido no que o equipo rival tamén se xogaba continuar en División de Honra. Finalmente o partido finalizaba 2-4, consumándose a salvación do Cartagena.
Plantilla 2010-11 [editar]
|
|
- Adestrador:
Luis Fonseca Cilleros
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Notas [editar]
|
|||||||||||