División de Honra da LNFS 2009-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2009-10 da División de Honra da LNFS foi a 21ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 11 de setembro de 2009 e rematou o 6 de xuño de 2010 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o quinto título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia Turística.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre sí na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, e a final foi ó mellor de 5.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Equipos Pts Xog G E P G+ G- Dif
1. ElPozo Murcia Tur. (C) 72 30 23 3 4 143 84 +59
2. Inter Movistar 64 30 19 7 4 103 68 +35
3. Caja Segovia FS 61 30 19 4 7 112 77 +35
4. Xacobeo Lobelle Galicia 60 30 18 6 6 120 86 +34
5. FC Barcelona 57 30 17 6 7 97 57 +40
6. Marfil Santa Coloma 43 30 13 4 13 106 107 -1
7. MRA Navarra 42 30 12 6 12 94 92 +2
8. Carnicer Torrejón 40 30 12 4 14 117 124 -7
9. Azkar Lugo FS Galicia 40 30 11 7 12 92 113 -21
10. Gestesa Guadalajara 38 30 11 5 14 106 119 -13
11. Playas de Castellón 33 30 9 6 15 61 84 -23
12. Sala 10 Zaragoza 32 30 8 8 14 93 103 -10
13. Reale Cartagena 32 30 9 5 16 103 120 -17
14. Benicarló Aeroport Castelló 23 30 5 8 17 70 90 -20
15. Arcebansa Zamora (D) 22 30 6 4 20 92 122 -30
16. P. Millenium Pinto (D) 15 30 2 9 19 67 130 -63

Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles

Clasificado para a fase final polo título
Descendido á División de Prata
(C) Campión
(D) Descendido

Eliminatorias polo título[editar | editar a fonte]

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 ElPozo Murcia Tur.  2
  8 Carnicer Torrejón  0  
  1 ElPozo Murcia Tur.  2
    5 FC Barcelona  0  
  4 Xacobeo Lobelle Galicia  1
  5 FC Barcelona  2  
  1 ElPozo Murcia Tur.  3
    7 MRA Navarra  1
  2 Inter Movistar  0
  7 MRA Navarra  2  
  7 MRA Navarra  2
    3 Caja Segovia FS  1  
  3 Caja Segovia FS  2
  6 Marfil Santa Coloma  1  


O ElPozo Murcia Turística proclamouse campión desta edición 2009-10 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]