Juan Bonilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Bonilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narración e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 158053

Juan Bonilla, nado en Xerez da Fronteira (provincia de Cádiz) o 11 de agosto de 1966, é un escritor e tradutor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo en Barcelona.[1]

A súa primeira obra, El que apaga la luz, foi publicada en 1994 na Editorial Pre-Textos. Era unha recompilación de relatos que foi seleccionada por unha enquisa realizada por revísta Quimera entre críticos, académicos e escritores como un dos mellores libros de relatos da literatura española do século XX. Tamén o diario El País incluíu, no ano 2000, El que apaga la luz entre os libros máis destacados dos últimos vinte e cinco anos.

En 1996 publicou en Edicións B a novela Nadie conoce a nadie, que ten como paisaxe a cidade de Sevilla durante a Semana Santa e como asunto as relacións entre ficción e realidade a través dun xogo de rol. A novela foi levada ao cine en 1999 por Mateo Gil co mesmo título e con Eduardo Noriega, Paz Vega e Jordi Mollà como protagonistas. A película foi un grande éxito, continuado por un suceso sorprendente: no ano 2000, ano no que se sitúa a acción da novela, aconteceron na Madrugá da Semana Santa de Sevilla, uns feitos moi parecidos aos narrados na obra, como inspirados por ela.[2]

En 2021, publicouse unha nova versión da novela co título Nadie contra nadie (Seix Barral).

En 2003 publicou a súa novela Los príncipes nubios (Seix Barral), que foi posteriormente traducida a sete idiomas. O director mexicano Alfredo De Vila comprou os dereitos para a súa versión cinematográfica.

En 2013 publicou a novela Prohibido entrar sin pantalones (Seix Barral) que ten por protagonista ao poeta futurista ruso Vladímir Mayakovski.[3] A novela foi galardoada ao ano seguinte co I Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa, dotado con 100.000 dólares e unha escultura do artista peruano Fernando de Szyszlo. En 2021 a revista Esquire elixiuno como un dos dez libros da década do 2010.[4]

En 2015 a Fundación BBVA concedeulle unha das súas Axudas á Creación para a escritura dunha nova novela sobre a artista mexicana Nahui Olin. A novela, publicada en 2019 por Seix Barral co título de Totalidad sexual del cosmos, foi galardoada ao ano seguinte co Premio Nacional de Literatura.[5]

En 2021 concedéuselle o premio "Cidade de Xerez" pola súa traxectoria.[6]

Como xornalista, dirixiu os suplementos literarios Citas, de Diario de Jerez, xunto a José Mateos (1989-1992); e La Mirada, do Correo de Andalucía, xunto a Francisco Lira (1993-94). Foi xefe de informativos de Radio América, redactor xefe de Ajoblanco e coordinador da revista Zut, de cuxas edicións foi director literario. Colaborou na revista Jot Down e dirixiu a revista Cale do Aire.

Foi comisario de distintas exposicións: Futurismo e conta nova (Instituto do Libro de Málaga, 2009), Baldomero Pestana: La verdad entre las manos (Instituto Cervantes, 2018), La cámara de hacer poemas (Biblioteca Nacional de España, PhotoEspaña, 2018), Fotolibro Andaluz (CICUS, 2019).

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Partes de guerra (1994). Editorial Pre-Textos
  • El belvedere (2002). Editorial Pre-Textos
  • Buzón vacío (2006). Editorial Pre-Textos
  • Defensa Personal. Antología poética (1992-2006) (2007). Editorial Renacimiento
  • Cháchara (2010). Editorial Renacimiento
  • Hecho en falta. Poesía reunida (2010). Editorial Visor
  • Poemas pequeñoburgueses (2016). Editorial Renacimiento
  • Horizonte de sucesos (2021). Editorial Renacimiento
  • Poemas (2023). La Veleta, Comares

Relatos[editar | editar a fonte]

  • El que apaga la luz (1994). Editorial Pre-Textos; ed. ampl.: Pre-Textos, 2009
  • La compañía de los solitarios (1999). (inclúe a novela El mejor escritor de su generación), Editorial Pre-Textos
  • La noche del Skylab (2000). Editorial Espasa Calpe; reed.: Círculo de Lectores, 2002; Booket, 2008
  • El estadio de mármol (2005). Editorial Seix Barral
  • Tanta gente sola (2009). Seix Barral; reed.: Booket, 2011, 2013
  • Una manada de ñus (2013). Editorial Pre-Textos

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Yo soy, yo eres, yo es... (1995). Ediciones Imperdonables, reed.: Planeta, 1998; Seix Barral, 2003; ed. ilust.: Luces de Gálibo, 2016
  • Nadie conoce a nadie (1996). Ediciones B; reed.: Círculo de Lectores, 1997; Ediciones B, 1999; Punto de Bolsillo, 2000; reeditada en 2021 en nova versión por Seix Barral co título de Nadie contra nadie
  • Cansados de estar muertos (1998). Espasa Calpe
  • El mejor escritor de su generación (1999). Pre-Textos, reed.: El Paseo Editorial, 2021
  • Los príncipes nubios (2013). Seix Barral; reed.: Círculo de Lectores, 2004; Booket, 2005, 2009
  • Prohibido entrar sin pantalones (2013). Seix Barral; reed.: Booket, 2017
  • Totalidad sexual del cosmos (2019). Seix Barral

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • El arte del yo-yo (1996). Editorial Pre-Textos, 1996; RBA, 2001
  • Teatro de variedades (2002). Editorial Renacimiento. 2ª edición aumentada en 2022, Editorial Renacimiento
  • La plaza del mundo (2008). Universidad de Valladolid
  • El tiempo es un sueño pop: vida y obra de Terenci Moix (2011). RBA
  • Catálogo de libros excesivos, raros o peligrosos (2012). Universidad de Sevilla
  • Biblioteca en llamas (2016). Editorial Renacimiento
  • La novela del buscador de libros (2018). Fundación José Manuel Lara

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Aviones plateados. Antología de la poesía futurista latinoamericana (2014). Anthropos; 2ª edición, 2009, Colección Puerta del Mar, Diputación de Málaga
  • Alberto Hidalgo: Poemas simplistas (2010). Zut Ediciones
  • Javier Salvago: La vida nos conoce (2011). Selección e prólogo de Juan Bonilla, Editorial Renacimiento
  • Nínfulas. Antología de lolitas en la poesía española (2011). Generación del 27
  • Felipe Alaiz: El arte de escribir sin arte (y otras críticas libertarias de la literatura española) (2012). Berenice
  • Francisco Rivas: Reivindicación de Don Pedro Luis de Gálvez a través de sus úlceras, sables y sonetos (2014). Zut Ediciones
  • Tierra negra con alas. Antología de la poesía vanguardista latinoamericana (2019). Fundación José Manuel Lara, con Juan Manuel Bonet
  • Alberto Hidalgo: Diario de mi sentimiento (2020). Editorial Renacimiento
  • Agustín García Calvo: A los amigos, salud y alegría (2020). Editorial Confluencias
  • Francisco Umbral: Lola Flores. Sociología de la Petenera (2022). Zut Ediciones

Traducións[editar | editar a fonte]

  • J. M. Coetzee: Infancia (1999). Editorial Mondadori
  • Alfred Edward Housman: Cincuenta poemas (2003). Editorial Renacimiento
  • T. S. Eliot: Libro de los gatos sensatos de la vieja zarigüeya (2005). El Gaviero; reeditado por Nórdica en 2018
  • Andrew Delbanco: Melville. Su mundo y su obra (2007). Seix Barral
  • Dennis Cooper: Chaperos (2009). Editorial Tercer Nombre; corr.: Chulos, Revuelta Editores, 2011
  • Ring Lardner: Cómo escribir relatos (2012). Zut Ediciones
  • Graham Greene: En tierra de nadie (2012). Seix Barral
  • Terenci Moix: Sadístico, esperpéntico e incluso metafísico (2012). Editorial Berenice
  • Edward Abbey: La Banda de la Tenaza (2012). Editorial Berenice, con Teresa Lanero
  • Edward Abbey: El vaquero indomable (2013). Editorial Berenice
  • Edward Abbey: Hayduke vive (2014). Editorial Berenice
  • Edward Abbey: Sol negro (2023). Editorial El Paseo

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1993 - Premio de Poesía Luís Cernuda por Partes de guerra
  • 2003 - Premio Biblioteca Breve pola novela Los príncipes nubios
  • 2004 - Premio Anthropos de Estudos Literarios por Aviones Plateados. Poesía futurista en América
  • 2009 - Premio NH ao mellor libro de relatos publicado ese ano por Tanta gente sola
  • 2009 - Premio Vila de Rota de Poesía por Cháchara
  • 2009 - Premio Literario dos Mozos Europeos pola tradución francesa da súa novela Los príncipes nubios, a cargo de Hugo Paviot[7]
  • 2011 - Premio Gaziel de biografías e memorias por El tiempo es un sueño pop: vida y obra de Terenci Moix
  • 2014 - Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa por Prohibido entrar sin pantalones
  • 2020 - Premio Nacional de Narrativa pola novela Totalidad sexual del cosmos[8][9]
  • 2021 - Premio Cidade de Xerez á traxectoria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lecturalia.com. "Juan Bonilla: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2023-10-25. 
  2. Unknown (2013-03-28). "Toda una amalgama: La Madrugá Sevillana del 2000: una noche de pánico". Toda una amalgama. Consultado o 2023-10-25. 
  3. Llosa, Mario Vargas (2014-04-06). "El payaso trágico". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-10-25. 
  4. Martí, Rosa (15 de enero de 2021). "Los mejores libros de la década: nuestros títulos favoritos del año, de 2010 a 2020". Esquire (Madrid). 
  5. madrid, efe (2020-10-29). "Juan Bonilla, Premio Nacional de Narrativa por 'Totalidad sexual del Cosmos'". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2023-10-25. 
  6. Jerez, Diario de (2021-09-08). "El Ayuntamiento anuncia los Premios Ciudad de Jerez 2021". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2023-10-25. 
  7. "Les princes nubiens". web.archive.org. 2014-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2014. Consultado o 2023-10-25. 
  8. Llorente, Manuel (29 de octubre de 2020). "Juan Bonilla, Premio Nacional de Narrativa: "Me gustan las novelas inyectadas de poesía"". El Mundo (Madrid). Consultado o 29 de octubre de 2020. 
  9. Morillo, Jesús (30 de octubre de 2020). "Juan Bonilla, Nacional de Narrativa por su novela sobre Nahui Olin". ABC (Madrid). p. 47.