Juan José Millás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Millás na Feira do libro de Madrid en maio de 2008

Juan José Millás, nado en Valencia en 1946, é un escritor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Valencia, pero viviu en Madrid a maior parte da súa vida. Na súa numerosa obra, de introspección psicolóxica, calquera feito cotián pódese converter nun suceso fantástico. Na actualidade colabora en prensa e radio; as súas columnas dos venres en El País teñen un gran número de seguidores, pola sutileza e orixinalidade do seu punto de vista para tratar os temas da actualidade, así como polo seu gran compromiso social. gañou varios premios de xornalismo moi prestixiosos, como o Francisco Cerecedo 2005. No programa La ventana da Cadena SER dispón dun espazo (Venres 16:00 h) no cal anima aos oíntes a enviar pequenos relatos sobre palabras do alfabeto. Na actualidade, está construíndo un dicionario con estes relatos logrando unha numerosa participación.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cerbero son las sombras (1975). Premio Sésamo
  • Visión del ahogado (1977)
  • El jardín vacío (1981)
  • Papel mojado (1983)
  • Letra muerta (1983)
  • El desorden de tu nombre (1986)
  • Primavera de luto (1989)
  • La soledad era esto (1990). Premio Nadal
  • Volver a casa (1990)
  • Ella imagina (1994)
  • Tonto, muerto, bastardo e invisible (1995)
  • Algo que te concierne (1995)
  • Trilogía de la soledad (1996)
  • El orden alfabético (1998)
  • No mires debajo de la cama (1999)
  • Dos mujeres en Praga (2002)
  • Cuentos de adúlteros desorientados (2003)
  • Hay algo que no es como me dicen: El caso de Nevenka Fernández contra la realidad (2003)
  • Todo son preguntas (2005)
  • El mundo (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]