José María Gironella
José María Gironella, nado en Darnius (Xirona) en 1917 e finado en Arneys de Mar (Barcelona) en 2003, foi un escritor español.
Traxectoria [editar]
Estudou no seminario e ao deixalo en 1931 traballou en diversos oficios, como traballador de banca. Ao comezar a Guerra civil española deixou Cataluña para entrar no exército sublevado. Na posguerra chegou a estar en prisión por contrabando e comezou a escribir artigos literarios. Fíxose coñecido ao gañar o Premio Nadal de 1946 con Un hombre. En 1948 publicou La marea e en 1953 con Los cipreses creen en Dios deu comezo a unha triloxía sobre a guerra civil na que tamén están Un millón de muertos (1961) e Ha estallado la paz (1966) que se converteron en auténticos éxitos de venda. En 1971 gañou o Premio Planeta con Condenados a vivir.