Donbass Arena
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Donetsk, Ucraína |
| Arquitecto | ArupSport |
| Custo | 300 millóns de euros |
| Inauguración | 29 de agosto de 2009 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 51.504 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Shakhtar Donetsk |
| Localía | Shakhtar Donetsk |
| Eventos | |
O Donbass Arena ou Donbas Arena (en ucraíno: Донбас Арена, en ruso: Донбасc Арена) é un estadio de futbol situado en Donetsk, Ucraína. Actualmente é utilizado principalmente para partidos de fútbol, sendo o estadio local do Shakhtar Donetsk. O estadio, que será unha das sedes da Eurocopa 2012, ten capacidade para 51.504 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O Donbass Area inaugurouse o 29 de agosto de 2009, día dos mineiros en Ucraína e día da cidade de Donetsk. Destacar que este día non foi elixido por casualidade: o nome do club local, Shakhtar Donetsk, en galego tradúcese como "os mineiros de Donetsk" e ademais a cidade atópase en Donbass, unha rexión mineira, polo que esta data foi elixida polo seu simbolismo. A cantautora de R&B Beyoncé actuou na noite inaugural, sendo súa primeira actuación en Ucraína.
O Donbass Area foi deseñado por ArupSport Company, que xa construíra o Eithad Stadium, en Manchester (Reino Unido) o Allianz Arena en Múnic (Alemaña), o Estadio Olímpico Lluís Companys en Barcelona (España) e o Sydney Football Stadium en Sydney (Australia). A súa solución de enxeñaría, co efecto de teito á alza, fai que o estadio se asemelle a un prato volante. O estadio atópase preto do RSK Olimpiyskiy Rexional Sports Complex, no parque Lenin Comsomol en pleno centro da cidade.
Datos [editar]
- O terreo (incluído o campo), onde se atopa o estadio abrangue unha superfie de 46.780 m².
- A altura do estadio é de 54 m dende o chan até á parte superior do teito.
- Conta con 227 aseos, con 471 WC e 333 lavabos.
- A área total acristalada é de aproximadamente 24.000 m².
- O tamaño do campo de fútbol é de 105 x 68 m, 7.668 m² de céspede natural e 2.201 m² de céspede artificial.
- É o unico estadio de categoría élite da UEFA, que esta cualificado con 6 estrelas.
Eurocopa 2012 [editar]
- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012.
Partidos [editar]
O Donbass Arena albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 11 de xuño | Primeira rolda | Francia |
|
Inglaterra |
|
||
| 15 de xuño | Primeira rolda | Ucraína |
|
Francia |
|
||
| 19 de xuño | Primeira rolda | Inglaterra |
|
Ucraína |
|
||
| 23 de xuño | Cuartos de final | España |
|
Francia |
|
||
| 27 de xuño | Semifinal | Portugal |
|
España |
|