Ctenophora

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Ctenóforos
Haeckel Ctenophorae.jpg

"Ctenophorae" de Ernst Haeckel

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ctenophora
Clase

Os Ctenóforos (Ctenophora, do grego ktenos = peite; -phoros = portador, é dicir, “portador de peites”) son un relativamente pequeno filo de animais diblásticos caracterizados pola presenza dunhas células especializadas, os coloblastos, que producen unha substancia pegañenta utilizada para capturaren as presas. Son mariños e moi frecuentes no pancto e máis abondosos nas superficie, aínda que tamén se poden atopar a grandes profundidades. Lévanse descritas máis de 120 especies, algunhas das cales son o bastante frecuentes como para teren importancia ecolóxica. Antigamente confundíanse coas medusas, pero máis tarde, atopáronse diferenzas o bastante profundas para crearen o seu propio filo dentro da ponla dos radiados.

Índice

[editar] Características

Os ctenóforos posúen as seguintes características:

  • Teñen unha simetría birradial e un eixo oral aboral.
  • O corpo e de tipo medusoide cunha mesoglea mesenquimática.
  • Non posúen tentáculos, e de telos non están dispostos nunha coroa arredor da boca.
  • Teñen unhas células pegañentas chamadas coloblastos que usan para capturaren ás posibles presas.
  • Os ctenes están dispostos radialmente e sérvenlle ao animal para nadar.
  • Posúen unha larva cidipoide.
  • Non teñen polimorfismo, ao contrario que os cnidarios que pasan por unha fase pólipo e outra medusa.
  • Non posúen cavidades no corpo a excepción do celenterón.
  • Teñen un órgano sensorial aboral.
  • As células musculares orixínanse na mesoglea.
  • Posúen oito ringleiras lineais de cilios que se moven de xeito sincronizado para nadaren.
  • Non teñen aparatos excretor, respiratorio, ou circulatorio.
  • Posúen aparato dixestivo e sistema nervioso e muscular.
  • Teñen bioluminiscencia que depende da mesoglea, onde ademais están as células musculares para as contraccións.

[editar] Clasificación

  • A clase Nuda ten só unha orde, Beroida (Beroe gracilis). Pódense distinguir pola completa ausencia de tentáculos.

[editar] Filoxenia

O seguinte diagrama amosa a filoxenia dos ctenóforos en base a súa morfoloxía e aos datos xenéticos obtidos a partir do ARN:

Ctenophora
|--Cydippida (Mertensiidae family)
|--
    |--Platyctenida
    |--
        |--Cydippida (Pleurobrachidae family)
        |--
        |   |--Nuda Beroida
        |   |--Cydippida (Haeckeliidae family)
        |
        |--
            |--Lobata
            |--Cestida
            |--Thalassocalycida

[editar] Galería

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Ctenophora
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas



Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanomonada | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Echiura | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Myxozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | (Pogonophora) | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida

Ferramentas persoais