Cnidarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cnidaria")
Cnidarios
(Cnidaria)

Rango fósil: neoproterozoicoactualidade
Anemone de mar (Actiniaria)
Anemone de mar (Actiniaria)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Radiata
Filo: Cnidaria
Hatschek, 1888
Subfilos e Clases [1]

Os cnidarios (Cnidaria, do grego antigo κνίδη knídē, 'ortiga') son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples,[2] que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a una característica diagnóstica que presentan estes animais: a existencia dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito.[3]

Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, cunha larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de años atrás. Dentro deste grupo están animais como os pólipos, as medusas ou os corais.


Características[editar | editar a fonte]

Os cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en dúas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia.[4]

Teñen só dúas follas embrionarias, ectoderma e endoderma, carecendo por tanto de mesoderma, aínda que as veces existe un tecido análogo (ectomesoderma) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesoderma dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos.

A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un só orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clases de Medusozoa baseadas en The Taxonomicon - Taxon: Subphylum Medusozoa.Universal Taxonomic Services
  2. Zhang, Z.-Q. (2011). "Animal biodiversity: An introduction to higher-level classification and taxonomic richness". Zootaxa 3148: 7–12. http://mapress.com/zootaxa/2011/f/zt03148p012.pdf. 
  3. Hinde, R. T. (1998): Capítulo "The Cnidaria and Ctenophora" in Anderson, D. T. (ed.) Invertebrate Zoology. Oxford University Press. ISBN 0-19-551368-1, pp. 28–57.
  4. Seipel, K., and Schmid, V. (xuño 2005). "Evolution of striated muscle: Jellyfish and the origin of triploblasty". Developmental Biology 282 (1): 14–26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cnidarios
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cnidarios

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Knoll, A. H. (2003): Life on a Young Planet. The First Three Billion Years of Evolution on Earth Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-00978-3
  • Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida