Carlos V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos V de Francia, o Sabio

Carlos V o Sabio, en francés Charles V le Sage, nado en Vincennes o 21 de xaneiro de 1338 e finado en Nogent-sur-Marne o 16 de setembro de 1380, foi un rei francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Xoán II de Francia foi o terceiro rei da dinastía Valois. En 1355 foi investido como duque de Normandía e delfín de Francia, sendo coroado rei en 1364. Ao ano seguinte apoiou a sublevación de Henrique de Trastámara contra o rei de Castela Pedro I, quen obtivo os apoios da nobreza galega e do príncipe inglés Eduardo de Woodstock, alcumado o Príncipe Negro. Deu comezo unha guerra civil, coa vitoria final de Henrique e o rei francés.

Continou tamén ca Guerra dos Cen Anos contra os ingleses. Durante o seu reinado Avignon deixou de ser sede pontificia e o papa Gregorio XI reinstarou Roma como tal en 1377. Ao ano seguinte Gregorio faleceu e Carlos aceptou como novo papa a Urbano VI. Porén, os cardenais escolleron a Clemente VII, coñecido como o Antipapa Clemente VII. O monarca francés acabou apoiando a Urbano, quen lle prometera levar de novo a sede a Avignon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]