Panzer IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panzerkampfwagen IV
SdKfz161-1-1.jpg
Tipo carro de combate medio
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Servizo 1937 - 1967
Usado por Alemaña Nazi, Romanía, Turquía, Hungría, Bulgaria, Finlandia, España, Croacia, Siria
Guerras Segunda Guerra Mundial, Guerra árabe-israelí de 1948, Guerra dos Seis Días
Deseñado 1936
Fabricante Krupp, Steyr-Daimler-Puch
Producido 1936 - 1945
Construídos estímanse uns 8.800


O Panzerkampfwagen IV (Pz.Kpfw. IV), comunmente coñecido como Panzer IV, foi un carro de combate medio desenvolvido na Alemaña Nazi a finais dos anos 30 e usado extensamente durante a Segunda Guerra Mundial. A súa designación oficial era Sd.Kfz. 161.

Deseñado como carro de apoio á infantería, o Panzer IV orixinalmente non estaba destinado a enfrontarse a blindados inimigos (función realizada polo máis lixeiro Panzer III). Porén, para enfrontarse ao T-34 soviético o Panzer III quedaba obsoleto, polo que o Panzer IV asumíu o rel de loita contra carros. O Panzer IV foi o carro de combate máis fabricado e máis usado polos alemáns na Segunda Guerra Mundial, e servíu de base a outros moitos vehículos de combate, como o canón de asalto Sturmgeschütz IV, o cazacarros Jagdpanzer IV, a arma antiaérea autopropulsada Wirbelwind e o canón autopropulsado Brummbär.

Robusto e fiable, operou en todos os teatros de combate onde participou Alemaña e foi o único carro alemán fabricado durante toda a guerra, producíndose uns 8.800 exemplares entre 1936 e 1945. As melloras e modificacións no deseño, actío realizadas en resposta á aparición de novos carros dos Aliados, extenderon a súa vida operativa. Xeralmente estes cambios centráronse no aumento da blindaxe e na mellora das súas armas, aínda que durante os derradeiros meses da guerra, coa urxente necesidade de substituír ás unidades perdidas, tomáronse medidas retrógradas para simplificar e acelerar a fabricación.

O Panzer IV foi o carro de combate alemán en sevizo máis exportado, vendendo ao redor de 300 exemplares a países aliados como Romanía, Bulgaria, Finlandia e España. Despois da guerra, os franceses e os españois venderon ducias de Panzer IV a Siria, onde combatiron na Guerra dos Seis Días en 1967.