T-34

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
T-34
Char T-34.jpg
Tipo carro de combate medio
Orixe Unión Soviética Flag of the Soviet Union.svg
Servizo 1940 - actualidade
Deseñado 1937 - 1940
Producido 1940 - 1958
Construídos 84.070

O T-34 foi un carro de combate medio soviético fabricado dende 1940 ata 1958. Aoita a ser descrito como o deseño máis efectivo, eficiente e influínte da Segunda Guerra Mundial, aínda que o seu armamento e blindaxe foron superados por carros de combate posteriores da época.

Fabricado inicialmente na factría KhPZ factory en Kharkiv (Ucraína), foi a base das forzas blindadas soviéticas durante a Segunda Guerra Mundial, e foi amplamente exportado posteriormente. Foi o carro de combate máis producido da guerra, e o segundo de todos os tempos, tras o seu sucesor, a serie T-54/55. En 1996 aínda había variantes do T-34 en servizo en polo menos 27 países.

O T-34 foi desenvolvido a partir da serie BT de carros de combate rápidos coa intención de substituñir tanto ao BT-5 como ao BT-7, ademais do carro de infanteria T-26. No momento da súa introdución era o carro cos atributos de potencia de fogo, mobilidade, protección e robustez mais equilibrados, aínda que a súa efectividade no campo de batalla sufríu pola configuración pouco ergonómica do compartimento da tripulación, pola escaseza de radios e por un pobre emprego táctico. A disposición da torreta con dous tripulantes requería que o comandante apuntase e disparase o canón, unha configuración común en moitos carros da época; isto demostrou ser inferior ás disposicións de torretas de tres homes (comandante, artilleiro e cargador) dos alemáns Panzer III e Panzer IV. Porén, segundo as análises relizadas en Aberdeen Proving Grounds dun T-34 enviado polos soviéticos en 1942, o T-34 tiña a mellor óptica de todos os carros analizados alí.

O deseño e construción do tanque foron refinados continamente durante a guerra para mellorar a efectividade e reducir custos, permitindo poñer un número progresivamente maior de carros en combate. A principios de 1944, foi introducido o mellorado T-34-85, cun canón máis potente de 85 mm e un deseño de torreta de tres homes. cara o final da guerra en 1945, o versatil e efectivo T-34 substituíra a moitos dos tanques máis lixeiros e pesados en servizo, e acaparaba a meirande parte da produción soviética de carros de combate. O seu desenvolvemento evolutivo levou directamente á serie T-54/55, fabricada ata 1981 e aínda operativa, e esta levou cara os T-62, T-72 e T-90 que, xunto con varios carros chineses baseados no T-55, forman a espiña dorsal de moitos dos exércitos actuais.

O T-34 foi a arma máis importante para o Exército Vermello na Segunda Guerra Mundial. Cand comezou a ser producido en 1940, os comentaristas considerábano un dos mellores deseños de carros de combate do mundo. A súa blindaxe inclinada aumentaba a protección, o motor V-2 diesel usaba un combustible menos inflamable, a suspensión Christie era rápida en terreos difíciles e as anchas cadeas dábanlle unha boa mobilidade na neve e na lama, aínda que problemas de fiabilidade e fabricación perseguiron aos modelos producidos durante a guerra. O T-34 continuou dándolle ao exército soviético unha vantaxe crucial no conflito, mesmo despois de que as súas vantaxes tecnolóxicas fosen igualadas e superadas.