Heinz Guderian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bundesarchiv Bild 101I-139-1112-17, Russland-Mitte, Heinz Guderian.jpg

Heinz Guderian, nado en Klum (na actualidade en Polonia) o 17 de xuño de 1888 e finado en Schwangau bei Fussen (RFA) 14 de maio de 1954, foi un xeneral de blindados alemán. É coñecido por ser o ideólogo do Blitzkrieg (Guerra Lóstrego), no seu libro Achtung Panzers! ("¡Coidado, tanques!").

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistiu á Academia Militar de Berlín entre 1901 e 1907. En 1908 exerceu como segundo tenente no batallón Jäger nº 10, ás ordes do seu pai.

Casou en 1913. Froito dese matrimonio tivo dous fillos, que tamén acabaron no exército alemán.

En 1915 pasou a ser capitán, especializándose no uso da radio. En 1918, rematada a I Guerra Mundial, pasa a formar parte do Alto Estado Maior do Reichwehr. Entre 1924 e 1935 escribe numerosos artigos sobre a guerra mecanizada no Military Weekly.

En 1930 asume o mando do 3º Batallón prusiano de Transporte Motorizado. Parte dos carros blindados deste batallón son maquetas de madeira. Guderian adestra ós seus oficiais con motocicletas e camións. Ese mesmo ano ascende a tenente coronel, e en 1931 ascende a coronel.

En 1933 Hitler rechaza o Tratado de Versalles e ordea a formación de tres divisións blindadas. Guderian pasa a comandar a segunda. Agora é Maior Xeneral. En 1938, xa como Tenente Xeneral, conduce o XVI Corpo do Exército da Wehrmacht a Austria e Checoslovaquia.

En 1939 é nomeado Xeneral de tódalas Panzertruppen, será o responsable do reclutamento, adestramento e equipamento de tódalas unidades motorizadas. Na invasión de Polonia recebe a Cruz de Ferro de Primeira clase e a Cruz de Cabaleiro.

En 1940 os carros blindados alemáns que entran en Francia por Sedan levan un gran "G" pintado na blindaxe na súa honra. En 1941 comanda o II Exército Panzer, recibe as Follas de Roble para a súa Cruz de Cabaleiro. É relevado do servizo activo tras ter diferencias de opinión co seu superior, Mariscal de Campo von Kluge.

En 1943 Hitler chámao para formar un grupo de traballo con Albert Speer, Ministro de Armamento. Comeza a incrementarse a produción de tanques. En decembro de 1944, en tres semanas Alemaña produce tantos tanques como en todo 1939.

En 1945, por desacordos con Hitler, é novamente relevado. Trala rendición alemá, os Aliados deciden non xulgalo en Nuremberg como criminal de guerra. Sae da prisión de Allendorf en 1948 e volta coa súa familia.