Panther (carro de combate)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panther
Bundesarchiv Bild 183-H26258, Panzer V "Panther".jpg
Tipo carro de combate medio
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Servizo 1943 - 1945 (coa Alemaña Nazi)
Guerras Segunda Guerra Mundial
Deseñado 1942
Fabricante MAN, Daimler-Benz, MNH
Construídos ao redor de 6.000

Panther é o nome común dun carro de combate medio desenvolvido pola Alemaña Nazi na Segunda Guerra Mundial dende mediados de 1943 ata o fin da guerra en Europa en 1945. Pretendíase que contrarrestase ao T-34 soviético, ademais de ser o substituto dos Panzer III e Panzer IV. Nunca substituíu a este último, e combatíu xunto con el e co máis pesado Tiger ata o final da guerra. A excelente combinación do Panther de potencia de fogo, mobilidade e protección servíu como punto de referencia para deseños de carros de combate doutras nacións nos últimos anos da guerra e tras ela, e está considerado como un dos mellores carros de combate da Segunda Guerra Mundial[1].

Ata 1944 foi designado como o Panzerkampfwagen V Panther e a súa designación oficial era Sd.Kfz. 171. O 27 de febreiro de 1944, Hitler ordenou que o número romano V fose quitado do seu nome.

Equipaba o mesmo motor que o Tiger I, pero tiña unha mellor blindaxe frontal (incluído o beneficio dunha blindaxe inclinada, incrementando a súa efectividade), mellor penetración do canón, era máis lixeiro e polo tanto máis rápido, e podía atravesar terreos irregulares mellor que os Tigers. A súa desvantaxe era a blindaxe lateral máis débil. O Panther demostrou ser mortal en enfrontamentos en campo aberto e a longas distancias, pero vulnerable en combates a curta distancia. Ademais, o canón de 75 mm disparaba proxectís lixeiramente máis pequenos que o canón de 88 mm do Tiger, proporcionándolle menos potencia de fogo explosiva contra infantería.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hart 2003, pp. 41–43