Panzer III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panzerkampfwagen III
PzKpfwIIIH.Saumur.000a1y8q.jpeg
Tipo carro de combate medio
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Servizo 1939 - 1945
Guerras Segunda Guerra Mundial
Deseñado 1935 - 1937
Fabricante Daimler-Benz
Producido 1939 - 1943
Construídos 5.774

O Panzer III foi un carro de combate medio desenvolvido nos anos 30 pola Alemaña Nazi e usado extensamente durante a Segunda Guerra Mundial. A designación oficial era Panzerkampfwagen III Sd Kfz. 141 (abreviado como PzKpfw III). Deseñouse coa intención de que combatise contra outros vehículos blindados e servíu ao lado do carro de apoio á infantería Panzer IV. Porén, cando os alemáns enfrontáronse ao formidable T-34, precisáronse canóns anticarros máis potentes. Como o Panzer IV tiña un anel da torreta maior, o rol foi revertido. O Panzer IV montou o longo canón de 75 mm KwK 40 e participou en batallas contra outros carros. O Panzer III volveuse obsoleto no seu rol e para case todos os seu propósitos foi substituído polo Panzer IV. Dende 1942, a derradeira versión do Panzer III montou o canón de 75 mm KwK 37 L/24, máis axeitado para o apoio á infantería. A súa fabricación rematou en 1943 tras construírse 5.774 exemplares. Porén, o chasis do carro de combate proporcionou cascos para o Sturmgeschütz III ata o final da guerra.