Jagdpanzer IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jagdpanzer IV
Panzermuseum Munster 2010 0449.JPG
Tipo cazacarros
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Producido decembro de 1943 - abril de 1945
Construídos ao redor de 2.000

O Jagdpanzer IV foi un cazacarros alemán baseado no chasis do Panzer IV e construído en tres variantes principais. Foi desenvolvido en contra dos desexos de Heinz Guderian, o inspector xeral do Panzertruppen, como substituto do Sturmgeschütz III (StuG III). Guderian opúxose dicindo que non era necesario, segundo el os recursos terían que destinarse á produción do Panzer IV, xa que o Stug III e o Sturmgeschütz IV eran maís axeitados para ese papel.