Oopart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oopart é o acrónimo en inglés de Out of Place Artifact (literalmente, ‘artefacto fóra de lugar’), verba creada polo zoólogo estadounidense Ivan T. Sanderson que fai referencia a obxectos paleontolóxicos e arqueolóxicos que en aparencia se encontraron en lugares ou épocas onde se cre imposible polas súas características (complexidade tecnolóxica, referencias á civilización actual, etc) sendo por iso obxectos totalmente anacrónicos.

Interpretación popular[editar | editar a fonte]

O termo foi amplamente utilizado para refutar teorías como a teoría da evolución ou a estimación científica da idade da Terra. Os ooparts tamén foron usados polos aficionados da ufoloxía e outras pseudociencias como base para a teoría de que a humanidade foi fundada ou alterada por civilizacións extraterrestres moito máis avanzadas (creacionismo alieníxena), xa que, desde este punto de vista, algúns dos pobos antigos posuíron, precisamente por este motivo, coñecementos científicos en determinadas áreas polo menos insólitos para o seu tempo.[1] Por outro lado, a consideración de oopart depende en gran parte dos coñecementos que se dominan dun período histórico, por iso é tan relativa como a veracidade das teorías de quen o utilizan como argumento.

Interpretación científica[editar | editar a fonte]

Se ben é certo que as características aparentemente extraordinarias dalgúns destes obxectos aínda non posúen unha interpretación desde a arqueoloxía, paleontoloxía ou outras áreas de estudo, aínda que tamén algúns obxectos foron catalogados como ooparts para logo saír desta clasificación,[2] en xeral a comunidade científica amósase escéptica fronte ás interpretacións que cualifican estes obxectos como "fóra de lugar". Un gran número destes foron rexeitados como produtos de fenómenos como o palimpsesto, a pareidolia, a falsificación ou simplemente a ignorancia respecto ás culturas que produciron o obxecto en cuestión.

Oopart máis populares[editar | editar a fonte]

Artefacto Imaxe Descrición Datación Lugar de encontro Interpretación
Ferro de Wolfsegg Wolfsegg iron.jpg Peza de ferro de forma máis ou menos cúbica Indeterminada Mina de ferro en Austria. Probablemente un meteorito
Platillos de Dropa ou de Bayan Kara Ula Platillos con inscricións supostamente alieníxenas Paleolítico Superior Localidade de Nimu na rexión chinesa de Sichuan, na fronteira do Tíbet Todas as probas arredor deste caso son dubidosas, partindo da identidade dos seus descubridores.
Fonte Magna Bol de cerámica con suposta escritura cuneiforme, sumeria e semita. - Bolivia En estudo
Artefacto de Coso Buxía encontrada dentro dun fragmento de arxila petrificada. 700.000 anos de antigüidade. Olancha, California. Trataríase dunha simple buxía utilizada en traballos de minería, que ficou envolta en formigón.
Esferas metálicas de Klerksdorp Ottosdal1.jpg Bolas de pirita acanaladas de orixe supostamente artificial. Período Precámbrico Ottosdal, Sudáfrica Nódulos de pirita de orixe metamórfica, e nódulos de goethita formados do desgaste da pirita.
Martelo de Kingoodie Martelo incrustado en pedra. Cretáceo Kingoodie Quarry, Escocia Cuestiónase a ausencia de oxidación, polo tanto, a autenticidade do obxecto.
Vaso de Dorchester Xarrón de prata e zinc. 100.000 anos de antigüidade Massachusetts Obxecto desaparecido
Pedras de Ica Ica stones11.JPG Pedras de andesita con gravados que representan dinosauros, tecnoloxía moderna e supostos seres extraterrestres. Indeterminada Ica, Perú. Falsificación.
Planeador de Saqqara Photo 2-plane side view1.jpg Suposto modelo dun avión moderno. 200 a. C. Exipto Un xoguete para un neno ou un cataventos con forma de falcón.
Lámpadas de Dendera Dendera03.jpg Xeroglíficos que supostamente representan bombillas modernas. Século IV a. C. Dendera, Exipto. Pareidolia provocada por xeroglíficos que representan a unha serpente e unha flor de loto.
Cranios de cristal Crystal skull.jpg Representacións de cranios humanos tallados en cristal. 1400-1500 a. C. Lubaantún, no Iucatán e Belice Falsificación[3]
Batería de Bagdad Ironie pile Bagdad.jpg Xerras utilizadas supostamente para xerar electricidade. 250 a. C. y 250 d. C. Bagdad, (Irak) A ausencia de rastros dalgún electrolito, o baixo potencial eléctrico do sistema e a ausencia de usos prácticos para a electricidade na época cuestionan o obxecto como oopart.[4]
Mapa de Piri Reis Piri reis harita.jpg Mapa de orixe otomá onde se representa o continente americano. 1513 Estambul, Turquía. En estudo.
Figuras de Acámbaro Figuras de arxila cocida que representan dinosauros 6000 anos de antigüidade Guanajuato, México. Falsificación.
Xeroglíficos exipcios do século III Xeroglíficos exipcios inscritos a miles de quilómetros de Exipto Século III Iruña-Veleia, País Vasco. Falsificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Un exemplo comunmente citado (a partir do traballo de Erich von Däniken) sería o (suposto) elevado nivel tecnolóxico necesario para a construción dos monumentos do Antigo Exipto, especialmente a Gran Pirámide.
  2. Por exemplo, o chamado mecanismo de Anticitera, cunha tecnoloxía que se considerou durante moito tempo incongruente coa datación arqueolóxica realizada ao mesmo, condición rectificada posteriormente.
  3. Precolombinos del siglo XIX, BBCMundo.
  4. Los Extraños Cilindros de Bagdad:¿Pilas eléctricas o cocteleras?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]