Nuno Porco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaNuno Porco
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Nuno Porco foi un xograr galego do século XIII pertencente á lírica galego-portuguesa.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consideróuselle un xograr ao servizo do trobador Nuno Rodríguez de Candarei, con todo, a súa posición nos cancioneros dentro do grupo denominado xograres galegos fai supor a súa orixe galega e que estaría activo entre 1240 e 1280. Xavier Ron Fernández cre que o seu apelido puido ser Porto no canto de Porco, no entanto, o apelido Porco atopouse en documentos do mosteiro de Melón.[3] Carolina Michaelis sostivo que é un dos xograres máis antigos da lírica galego-portuguesa.[4] Pertence á xeración de xograres que contribuíron a elevar as expresións cotiás a lingua artística.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse unha cantiga de amor e unha cantiga de amigo.[5] A cantiga de amigo destaca no seu xénero.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  2. Wolf, Ferdinand; Wolf, Miguel de Unamuno, Marcelino Menéndez y Pelayo, Ferdinand; Unamuno, Miguel de (19??). Historia de las literaturas castellana y portuguesa (en castelán). Georg Olms Verlag. ISBN 978-3-487-41914-5. Consultado o 2021-07-24. 
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17. 
  4. 4,0 4,1 Yrago, Xosé Landeira; Yrago, José Landeira (1975). Dos devanceiros ao dezaoito: poesia galega : [antoloxía]. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-233-5. Consultado o 2021-07-24. 
  5. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  6. Galicia: Literatura : La Edad Media (en castelán). Hércules de Ediciones. 2006*. Consultado o 2021-07-24.