Báb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mausoleo de Báb, en Haifa

Siyyid Mírzá 'Alí-Muhammad (میرزا علی‌محمد en farsi) ( Shiraz 1819 - 1850). Reformador relixioso, coñecido como Báb (A porta) fundador do Babismo, e unha das figuras centrais da Fe Bahá'í.
Era mercante novo de Persia, que o 23 de maio de 1844 comeza a anunciar a chegada do grande educador universal, e fai o seus primeiros 18 discípulos, coñecidos como Letras do Vivinte. Pola oposición do clero islámico o gobernador de Shiraz arréstao e sofre martirio e finalmente execútano
En 1863 un dos seus seguidores, un nobre persa de Teherán, colle o nome de Bahá'u'lláh (A gloria de Deus) e anuncia que el é o grande educador universal que anunciara o Báb, o que resulta a orixe da Fe Bahá'í.