Leocares
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leocares foi un escultor grego do século IV a.C., posiblemente natural de Atenas.
Colaborou con Escopas e Bryaxis no Mausoleo, e con Lisipo no grupo de bronce que representa a Alexandre cazando leóns, en Delfos. Tamén fixo retratos en bronce do orador Isócrates e da familia de Filipo II de Macedonia en marfil e ouro. O seu grupo de bronce Ganímedes elevado aos ceos pola aguia de Zeus é, con toda probabilidade, o que aparece representado nunha copia no Museo Vaticano de Roma, así como o Apolo de Belvedere, que fascinou os artistas europeos desde o renacemento. O estilo de Leocares combina a grandiosidade ática con proporcións alargadas, os membros que se moven no espazo e as posturas inquietas que experimentou Lisipo.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |