Maurits Cornelis Escher
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maurits Cornelis Escher (Leeuwarden, Países Baixos; 17 de xuño de 1898 — Laren, 27 de marzo de 1972) foi un artista holandés, coñecido polos seus gravados en madeira (xilografías), en pedra (litografías) e a media tinta, que trataban de representar construcións imposibles, a exploración do infinito, e as combinacións de motivos que se transforman gradualmente en formas totalmente diferentes.
[editar] Biografia
Maurits Cornelis Escher naceu en 1898 en Leeuwarden (Países Baixos), sendo o fillo máis novo dun enxeñeiro hidráulico. En 1903, a familia mudouse a Arnhem O seu profesor F.W. van der Haagen ensinoulle a técnica dos gravados en linóleo e foi unha grande influencia para o mozo Escher.
[editar] A súa obra
Con respecto ás técnicas utilizadas, Escher utilizou case exclusivamente recortes de madeira ata o ano 1929. Logo a litografia e a xilogravura interesarán no moito máis. Fixo gravados en madeira, e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. De moitos existen decenas de reproducións, centos e ata miles doutros. Ao final da súa carreira destruíu algunhas das planchas para que non se realizasen máis reproducións de orixinais. Tamén existen estudos e borradores de moitas das súas obras, en ocasións tamén varias versións dalgunhas delas. Moitas da súa obras vendéronse masivamente pouco logo da súa morte e están esparcidas polo mundo. Un grupo importante está exposto de forma permanente no Museo Escher en A Haia (Holanda).
A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ó 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación. A obra de Maurits Cornelis Escher interesou a moitos matemáticos.
A análise das súas obras, tal e como definiu Bruno Ernst, un dos seus biógrafos, permite clasificalas basicamente en tres temas e diversas categorías:
- A estrutura do espazo - incluíndo paisaxes, compenetración de mundo e corpos matemáticos.
- A estrutura da superficie - metamorfose, ciclos e aproximaciones ao infinito.
- A proxección do espazo tridimensional no plano - Representación pictórica tradicional, perspectiva e figuras imposibles.
[editar] Ligazóns externas
- Sitio oficial de The M.C. Escher Company, propietaria dos dereitos de autor de Escher (en inglés y en neerlandés).
- Escher Museo (en inglés y en neerlandés)
- Exposición en Madrid
- Biografía en Microsiervos