Proxección

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A proxección é o método empregado no debuxo para representar un obxecto de tres dimensións nunha superficie, de dúas. A figura resultante sae de utilizar liñas auxiliares proxectantes que, partindo dun punto denominado foco, pasan polo obxecto a proxectar e a súa proxección, obténdose a representación do obxecto no plano.

Os elementos principais da proxección son o punto de vista ou foco de proxección (V), o punto que se proxecta (A), o punto proxectado (A'), a liña proxectante (VAA') e o plano sobre o que se proxecta, que recibe diferentes denominacións como plano de proxección, plano de cadro ou plano imaxe ( ).

Cando todas as liñas de proxección pasan por un punto fálase de proxección central ou cónica. Cando as liñas proxectantes son paralelas fálase de proxección paralela ou cilíndrica.

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

Proxección Tipo Subtipo
Central Varios tipos de perspectiva con puntos de fuga
Paralela Ortogonal Isométrica (Tres ángulos iguais (120º), coef. de redución iguais)
Dimétrica (Dous ángulos iguais, dous coeficientes distintos)
Trimétrica (Tres ángulos e coeficientes distintos)
Oblicua Perspectiva cabaleira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]