Hieronymus Bosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hieronymus Bosch
NomeJeroen van Aken
Nacementoc. 1450
 's-Hertogenbosch
Falecementoagosto de 1516
 's-Hertogenbosch
NacionalidadePaíses Baixos do Sur
Cónxuxe(s)Aleyt Goyaerts van den Meerveen
MovementoPintura do Renacemento. Escola dos Países Baixos
TraballosVéxase obras
Na rede
Musicbrainz: 34febbcd-dd4a-4c39-8c4a-6df89661e986 Allmusic: mn0001357277 WikiTree: Van_Aken-439 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco será tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en 's-Hertogenbosch contra 1450 e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de pintores holandeses e alemáns de certa importancia local, os van Aken,[1] viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. O 13 de xuño de 1463, arredor de 4000 casas da cidade ficaran destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, cuns trece anos de idade, foi testemuña.[2]

Un feito importante na súa vida foi o casamento en 1480 ou 1481 con Aleid van der Mervenne que proviña dunha importante familia de comerciantes e que achegou unha casa preto da Casa do Concello, onde Bosch estableceu o seu taller e se converteu en pintor autónomo, e amizades dun importante nivel social.[3]

Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7000 en toda Europa.

Estilo[editar | editar a fonte]

Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo.

Tamén influíu nos artistas contemporáneos. Pódese ver certa influencia do Bosco na obra de Goya como no Aquelarre de meigas.[4] Foi unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX, que foron os máis fascinados e consideraron ao Bosco como un precursor.[5] Para André Breton, a obra constitúe unha pauta de lectura para comprender o poema en prosa de Flaubert titulado La Tentation de saint Antoine (1874).[6] Dalí inspirouse na figura humana que xorde por pareidolia no rochedo que se atopa no centro do panel da esquerda para crear a súa obra do “Gran Masturbador”.[7][8] Porén, os investigadores destacan que esta obra forte e imaxinativa é portadora de interpretacións que non se percibiron na propia época da súa creación.[9]

Rocha antropomorfa no panel esquerdo que influíu na obra de Dalí "o gran masturbador".

Marijnissen centrou a cuestión cando declara que: “Dicir que o Bosco foi un surrealista avant la lettre, é para o historiador unha herexía”, mais matizou o seu propósito cando constata que “os que examinan a obra dende un punto de vista exclusivamente artístico recoñecerán que o Bosco descubriu un dos trucos máis eficaces do surrealismo, a creación do método máis lóxico para devolver a imaxe máis ilóxica".[10]

Na cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI, o tríptico constitúe unha sólida fonte de inspiración. En 1995, o realizador Tony Kaye realizou unha publicidade para o perfume L'Air du temps de Nina Ricci cunha estética que evocaba o xardín das delicias.[11] En xuño de 2009, no Festival Montpellier Baila, a coreógrafa e directora franco-española Blanca Li propuxo a creación dun espectáculo coreográfico para 9 bailarines e un pianista titulado “O xardín das delicias” e presentado como inspirado no cadro do Bosco.[12][13]

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras máis coñecidas están:

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fischer (2019), p. 20
  2. Fischer (2019), p. 23
  3. Fischer (2019), p. 25
  4. Foote (1981), p. 43.
  5. Cachon, Sophie (15-02-2016). "La peinture de Jérôme Bosch, entre démons et merveilles". Telerama.fr. Consultado o 17-12-2017. 
  6. Breton (2008), p. 230: Il n'est pas sans intérêt de comparer au Jardin des Délices les dernières pages d'une autre Tentation de saint Antoine, celle de Flaubert (É interesante comparar o Xardín das delicias coas derradeiras páxinas doutra Tentación de Santo Antonio, a de Flaubert).
  7. Fischer (2016); p. 151
  8. Fanes (2008), p. 74
  9. Frédéric Elsig citado por Sophie Cachon (2016): «La fascination pour Bosch repose sur un malentendu. On pense de manière tout à fait anachronique». (Trad.: "A fascinación polo Bosco descansa sobre un malentendido. Opínase de xeito, sen dúbida anacrónico”).
  10. Marijnissen & Ruyfflaere (2007), p. 97: ceux qui examinent l'œuvre d'un point de vue purement artistique reconnaîtront que Bosch a découvert un des artifices les plus efficaces du surréalisme, en l'occurrence la méthode la plus logique pour rendre l'image illogique" (os que examinan a obra dende un punto de vista puramente artístico recoñecerán que Bosch descubriu un dos mecanismos máis eficaces do surrealismo, na reunión do método máis lóxico para devolver a imaxe ilóxica).
  11. "L'air du temps: à l'ombre des jeunes filles en fleur". strategies.fr. Arquivado dende o orixinal o 04-06-2014. Consultado o 17-12-2017. 
  12. "EL JARDIN DE LAS DELICIAS". blancali.com. Arquivado dende o orixinal o 22-06-2015. Consultado o 17-12-2017. 
  13. Val, Carmen del (05-08-2011). "El loco jardín de Blanca Li". elpais.com. Consultado o 17-12-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]