Plano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un plano é a representación en dúas dimensións dunha realidade métrica plana, na que non se ten en conta a curvatura da terra. A ciencia da elaboración de planos é a planimetría.

Diferenza entre plano e mapa[editar | editar a fonte]

És un erro común o confundir o termo plano co de mapa, pensando que a diferenza entre estes dous é a diferenza da escala, utilizando a palabra plano para referirse á representación de espazos pequenos (cidades, barrios, edificios, pisos). Sen embargo, a diferenza entre plano e mapa é fundamentalmente que no segundo tense en conta ao representar a deformación producida pola curvatura da terra. A ciencia que se ocupa de elaborar os mapas é a cartografía.

Uso dos planos[editar | editar a fonte]

Tecnicamente, son documentos que definen as formas e medidas de obxectos, coa finalidade de poder construílos ou informar a quen cumpra as características que teñen. Os planos debúxanse sempre a escala, xa que se pretende dar unha imaxe fiel e proporcionada do obxecto que representan.

O sistema máis empregado na realización de planos é o da vista ortogonal, tamén coñecido como sistema diédrico. Consiste en proxectar o obxecto sobre planos que forman un diedro: son tres planos cun posicionamento entre si de 90º.

Desta forma, a vista que corresponde á proxección do obxecto sobre un plano vertical chámase alzado. Porén, a que se corresponde cunha proxección sobre plano horizontal denomínase planta. Por último, a vista que se proxecta sobre o plano vertical lateral recibe o nome de perfil.

Estas tres vistas clásicas compleméntanse con:

  • as seccións, que son representacións imaxinarias que se fan e debuxan para amosar interiores dos obxectos e que poden non quedar definidos.
  • os detalles, que como o seu nome indica, definen nunha escala de maior precisión unha parte dun elemento.
  • os símbolos de uso común (estandarizados), que se utilizan para definir cuestións tales que
    • a dureza do material.
    • o tipo de acabado das superficies.
    • a precisión nas medidas.
    • direccións.
    • outros temas.
  • as anotacións dos planos, que representan numericamente o valor do elemento que indican. En planos de pezas mecánicas, as unidades figuran sempre en milímetros (mm).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]