Cupé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gala-Cupé de Leopold II
1936 Packard One-Twenty Business Coupé
1948 Bentley coupé de ville
1974-1978 AMC Matador Cupé
1990s Honda Civic cupé
2005 Saturn Ion 4-door coupé
2005 BMW E46 cupé

Un cupé (do participio pasado francés coupé, do infinitivo couper, cortar) é un tipo de carrocería de automóbil pechada (teito fixo permanentemente), de dous ou tres volumes e dúas portas laterais. Un cupé denomínase fastback ou tricorpo (notchback), segundo o ángulo que forma a luneta traseira coa tápa do maleteiro ou do motor. Os cupés, xunto cos convertibles, forman o grupo dos automóbiles deportivos. A definición precisa varía dun fabricante a outro, e no tempo. Aínda que a maioría dos cupés son vehículos de dúas portas, existen algúns de catro portas, (incluídos os Mercedes-Benz CLS e Rover P5 Cupé) chamados "cupé" polos fabricantes .

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIX un cupé era un carruaxe pechado de catro rodas tirado por cabalos, o (coupé) ou corte aludía aos coches de catro prazas onde o habitáculo estaba recortado deixando dúas prazas abertas diante (para o condutor e un acompañante) e dúas prazas pechadas detrás para os pasaxeiros. Si o condutor non tiña teito sobre a súa cabeza, entón tratábase dun coupé de-ville. Comunmente, un cupé tiña unha fiestra de vidro fixo na parte dianteira do compartimento de pasaxeiros. O condutor estaba protexida da sucidade do camiño por un taboleiro de instrumentos de alta curvatura. Un landó é un coupé de-ville co teito abatible. Cando só o compartimento de pasaxeiros ten un teito pregable pero a parte do condutor permanece cuberta, o estilo é coñecido como un landaulet.

Durante o século XX, o termo cupé foi aplicado a varias cabinas pechadas (o asento traseiro se atopa máis adiante do habitual e o asento dianteiro máis atrás do habitual)[1] de automóbiles.

Actualmente a designación se refire a automóbiles de capota fixa xeralmente para dous ocupantes ou 2 + 2 e de dúas portas. Segundo a norma SAE J1100 a diferenciación entre un cupé e un sedán (berlina) de dúas portas está no menor espazo (volume) atrás dos bancos traseiros, menos de 930 litros. Segundo esta norma, os Chevrolet Monte Carlo, Ferrari 612 Scaglietti e Mercedes-Benz CL-Class coupés son todos sedáns de dúas portas. Visualmente unha das características comúns máis marcadas desta carrocería é a suave inclinación da ultima columna da capota.

Esta designación é por veces adoptada pola mercadotecnia dos fabricantes para as variacións dos sedáns. Recentemente, algúns fabricantes produciron cupés de 4 portas, como o Mercedes CLS o Volkswagen Passat CC, e o Porsche Panamera.

A Norma Internacional ISO 3833-1977 define un cupé como unha carrocería pechada, polo xeral cun volume traseiro limitado, un teito fixo do cal unha parte pode abrirse, polo menos dous asentos en polo menos unha fila, dúas portas laterais e, posiblemente, unha porta traseira, e polo menos dúas fiestras laterais.[2]

Uso actual[editar | editar a fonte]

Hoxe en día cupé converteuse nun termo de mercadotecnia para os fabricantes de automóbiles, máis que nun feito de deseño ou maquillaxe técnico do vehículo. Eles atribúen o termo a calquera vehículo con dous, tres, e agora ata catro portas, polo seu luxo ou pola aparencia deportiva. Isto débese a que os cupés en xeral son vistos como máis deportivos que os sedáns, polo que un coupé sería comercializado como un vehículo máis deportivo que o sedán de dúas portas.

Mentres que os antigos cupés eran "simplemente modificacións de dúas portas, dos sedán", hose en día algúns cupés teñen carrocería e estilo diferente dos seus homólogos de catro portas.[3] O AMC Matador cupé da década de 1970 tiña un deseño único non compartindo case nada coas versións de 4 portas.[4]

Incluso os coches de dúas portas cun asento traseiro que agora coñécense como "sedán" utilizan os termos "cupé" e "sedán" indistintamente. Os sedán dúas portas con asento dianteiro tipo banco elimináronse co Chevrolet Monte Carlo 1995-1999 foi o último modelo en ofrecelo.

Con todo, os coches de 2 portas en xeral perderon popularidade, coa excepción dos convertibles e os roadster de 2 asentos. Sedáns, camionetas e SUVs / familiares fan menos modelos de 2 portas (especialmente aqueles con asentos traseiros) nos últimos anos xa que o custo dos vehículos de 4 portas reduciuse xunto ca enxeñaría para facilitar o acceso á zona dos asentos traseiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clough, Albert L. (1913). A dictionary of automobile terms. The Horseless Age Company. p. 241. http://books.google.com/books?id=Tc23AAAAIAAJ&pg=PA33&dq=close-coupled+automobile. Consultado o 7 February 2011. 
  2. Technical Committee ISO/TC22, Road vehicles (1977-12-01) [1976]. "ISO 3833-1977: Road vehicles – Types – Terms and definitions" (ISO International Standard). International Organization for Standardization. p. 6. 
  3. Loh, Edward (February 2008). "Comparison: 2008 Honda Accord Coupe vs 2008 Mitsubishi Eclipse vs 2008 Nissan Altima Coupe (Front-wheel-drive coupe comparison)". Motor Trend. http://www.motortrend.com/roadtests/coupes/112_0804_fwd_coupe_comparison/index.html. Consultado o 7 February 2011. 
  4. Severson, Aaron (25 December 2009). "What's a Matador? AMC's Midsize Classic, Rebel, and Matador Coupe". ateupwithmotor.com. http://ateupwithmotor.com/luxury-and-personal-luxury-cars/214-amc-matador.html. Consultado o 29 February 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cupé Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]