Capital social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O capital social nunha sociedade mercantil é o conxunto das achegas das persoas asociadas. Obtense multiplicando o número de accións (nas sociedades anónimas) ou o número de participacións (nas Sociedades de Responsabilidade Limitada) polo valor nominal de cada título.

O capital social forma parte dos fondos propios.