Bigas Luna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bigas Luna.

José Juan Bigas Luna, coñecido artisticamente como Bigas Luna, nado en Barcelona o 10 de marzo de 1946 e finado en Tarragona o 5 de abril de 2013[1], foi un director e guionista de cinema catalán. Casado con Celia Orós o 26 de setembro de 1996, rodou tanto en catalán como castelán e obtivo varias distincións internacionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa primeira longametraxe data de 1976 e chámase Tatuaje. Mais será en 1978, co filme Bilbao que conseguirá prestixio internacional debido a este ser seleccionado para o Festival de Cannes. Os seus filmes contan sempre cunha gran carga de erotismo. É considerado un grande descubridor de talentos como Ariadna Gil, Javier Bardem, Penélope Cruz ou Jordi Mollà.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Historias impúdicas, director
  • Tatuaje (1976), director
  • Bilbao (1978), director
  • Caniche (1979), director
  • Renacer (1981), director
  • Lola (1986), director
  • Angustia (1987), guionista e director
  • Las edades de Lulú (1990), guionista e director
  • Jamón, jamón (1992), guionista e director
  • Huevos de oro (1993), director
  • La teta y la luna (1994), director
  • Lumière et compagnie (1996), director dunha das curtas
  • Bámbola (1996), director
  • La camarera del Titanic (1997), guionista e director
  • Volavérunt (1999), director
  • Son de mar (2001), director
  • Yo soy la Juani (2006), director
  • Di Di Hollywood (2010), director
  • Segundo Origen (2012), director e guionista

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muere Bigas Luna, El País, 6/4/2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]